Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Agricultura Castaña

UUAA ALERTA DE ROUBOS AOS PRODUTORES DE CASTAÑAS

Os concellos de Riós, A Gudiña e A Mezquita son os máis afectados

~~Unha vaga de roubos nas principais zonas de produción de castañas en Ourense está a provocar que os propietarios dos soutos vexan perigar a colleita deste ano. Para denunciar esta situación, o secretario de Agricultura e Gandería Extensiva de Unións Agrarias, Xosé ramón González, vén de trasladarlle nun escrito ao subdegelado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, a extrema preocupación dos produtores dos concellos de Riós, A Gudiña e A Mezquita.

Deste o sindicato destácase que os roubos se producen preto da estrada N-525 polas facilidades de fuxida que lle brinda ós ladróns, dos que se sospeita que están organizados en pequenos grupos que actúan de xeito simultáneo en varios puntos do trazado da citada vía.

No documento rexistrado hoxe por  UUAA, esíxese que se investigue quén está a mercar estás mercadorías roubas xa que só pechando a saída comercial dos furtivos se pode frear o roubo de colleitas que cada ano se incrementa nos sectores da froita, patacas, gando, etc.

Neste sentido, desde o sindicato faise un chamamento aos consumidores e pequenos distribuidores  de alimentación  para que rexeiten e denuncien as supostas ofertas que estes delincuentes lles poidan presentar, porque ademais colaborar nun delito ponse en risco o modo de vida de moitas familias que viven no rural.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web