Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Política Agraria Axudas PAC

UUAA PIDE AO MINISTERIO COORDINACIÓN NOS FONDOS DO PDR

As comunidades da Cornixa deben unificar os criterios de finanzamento

~~Unións Agrarias reclama ao Ministerio de Agricultura maior coordinación na aplicación dos fondos que proveñen do Plan de Desenvolvemento Rural. Segundo puido coñecer o sindicato, a comunidade de Castela e León contempla un orzamento total de 14 millóns de euros no PDR 2014-2020 para a posta en marca dun "instrumento de estabilización de ingresos en explotacións de produción de leite". Esta operación vai destinada aos fondos mutuais e ten como obxectivo que se compense aos gandeiros de vacún de leite no caso de que os seus ingresos diminúan máis dun 30% dos ingresos anuais medios do trienio anterior, ou dos seus ingresos medios trienais respecto do período quinquenal anterior, excluídos os valores máis alto e máis baixo.

Os pagos dos fondos mutuais aos gandeiros compensarán cando menos un 70% das perdas de ingresos. Os beneficiarios finais son os gandeiros de leite que sexan agricultores a titulo principal e pertenzan a unha organización de produtores recoñecida con sede en Castela e León. O gandeiro ten que permanecer no seguro polo menos 3 anos e a axuda será de ata o 65% dos custos subvencionables cun límite máximo por explotación de 10.000€. Unións Agrarias valora positivamente esta medida e insiste na necesidade de coordinación a nivel estatal para impedir a competencia desleal entre gandeiros de distintas CCAA da Cornixa segundo se aplique ou non esta medida.

Do mesmo xeito desde a organización agraria critícase a discriminación que sufren os gandeiros galegos pola interpretación que se fai desde Medio Rural e concretamente o FOGGA da comprobación do cumprimento dos requisitos para poder beneficiarse do pago para as prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente (tamén coñecido como greening ou verdeo). Así, a normativa estatal establece que o requisito de diversificación de cultivos debe cumprise ben no ciclo de inverno ou no de primavera e permite a cada solicitante decidir cal é o cultivo principal en cada recinto no caso de dobres colleitas. Porén, o goberno galego decidiu que en Galicia, a diversificación de cultivos debe cumprirse en todo momento do ano e que o período principal do cultivo é o de primavera.

Isto implica que a práctica tradicional da rotación herba-millo que fan as nosas explotacións non se poda acoller a unha das excepcións que establece a normativa do cumprimento de greening para aqueles casos nos que a herba represente máis do 75% das terras de cultivo e que se limite o cultivo do millo ao 75% das terras arables das explotacións que teñen unha superficie superior ás 10 Ha.  Polo que para poder cumprir coa obriga dos requisitos do greening e poder optar a un pago que representa a metade do importe que cobre cada explotación polos dereitos de pago básico a superficie a millo das nosas granxas reduciráse en máis de 16.000 Ha/ano e incrementaránse os custos de produción pola da compra de forraxes e alimentos de fóra da explotación.

UUAA considera urxente que as administracións articular dunha vez un marco normativo, como o Paquete Lácteo, que estabilice ao sector lácteo para articular unha cadea de valor real para o leite que lle permita competir no libre mercado onde as tensións entre industrias e produtores estean resoltas como no caso francés  pola dotación de mecanismos como inteprofesionais fortes e a figura del mediador. Aspectos nos que coincidiu Sophie Helaine, membro da  DG Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, presente nunha xornada do sindicato, quen ademais sinalou que o crecemento da produción de leite mundial se estima en 12 millóns de TN en 2023 pola entrada en acción de novos destino como África ou China.

A grande parte desta produción será absorbida pola transformación industrial que está investindo en diversos produtos elaborados, sobre todo queixo. Neste sentido a ratio de inversión en España por parte da industria transformadora é das baixas dos mercados de referencia o que vai a condicionar gravemente as posibilidades de expansión da produción dos gandeiros galegos.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web