Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Política Agraria Axudas PAC

UUAA DENUNCIA GRAVES PROBLEMAS NA TRAMITACIÓN DA PAC

O sistema informático non funciona e fai preciso unha ampliación de prazo

~~A tramitación das axudas da PAC está a supoñer un auténtico caos derivado dos problemas informáticos que sufre a aplicación da Consellería de Medio Rural. O sindicato Unións Agrarias denuncia que estes reiterados fallos xunto co retraso mesmo na publicación da orden, vai a provocar que moitos dos perceptores queden fora de xeito totalmente arbitrario. A isto hai que sumar que non están cargadas no sistema a maioría das solicitudes polo que as entidades tramitadoras non poden trasladar os expedientes. Desde UUAA trasladóuselle a Xunta de Galicia que se amplíe ao máximo o prazo para presentar os expedientes, poñendo o seu remate no 15 de xuño e non no 15 de maio como está establecido ata o de agora. Unha problemática que se agrava polas dificultades que xeran as novidades que se prantexan para o verdeo.

Así, a normativa estatal establece que o requisito de diversificación de cultivos debe cumprise ben no ciclo de inverno ou no de primavera e permite a cada solicitante decidir cal é o cultivo principal en cada recinto no caso de dobres colleitas. Porén, o goberno galego decidiu que en Galicia, a diversificación de cultivos debe cumprirse en todo momento do ano e que o período principal do cultivo é o de primavera. Isto implica que a práctica tradicional da rotación herba-millo que fan as nosas explotacións non se poda acoller a unha das excepcións que establece a normativa do cumprimento de greening para aqueles casos nos que a herba represente máis do 75% das terras de cultivo e que se limite o cultivo do millo ao 75% das terras arables das explotacións que teñen unha superficie superior ás 10 Ha.

Polo que para poder cumprir coa obriga dos requisitos do greening e poder optar a un pago que representa a metade do importe que cobre cada explotación polos dereitos de pago básico a superficie a millo das nosas granxas reduciráse en máis de 15.000 Ha/ano e incrementaránse os custos de produción pola da compra de forraxes e alimentos de fóra da explotación.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web