Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Política Agraria Reforma da PAC

UUAA PIDELLE A CAÑETE UNHA PAC QUE SEXA LEAL CON GALICIA

O ministro recoñece que se precisan elementos correctores para que os gandeiros non perdan respecto dos agricultores na reforma

~~Unións Agrarias vén de trasladarlle o ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete elementos correctores para que o actual deseño da Política Agraria Común sexa leal coas explotacións de Galicia posto que os parámetros que se prevén castigan a comunidades con menor base territorial como a galega.
Deste xeito o sector lácteo, tal como recoñeceu o propio ministro no marco da reunión, pode saír perxudicado no reparto de axudas respecto do agrícola se non se introducen medidas correctoras que permitan que as primeiras hectáreas subvencionadas reciban unha prima respecto das seguintes para que Galicia cunha media de 15 Ha por explotación non se vexa marxinada respecto da media do Estado que é de 30 Ha por explotación.
Para evitar este agravio histórico é preciso controlar que as axudas europeas cheguen a aqueles profesionais que realmente viven da agricultura e gandería, deixando ao marxe aos propietario de grandes extensións que non teñen actividade efectiva o sector primario. Estes agricultores de sofá, co actual debuxo de perceptor que se estipula na PAC, teñen asegurado seguir recibindo de xeito inmoral axudas europeas xa que estipula que para ser perceptor de axudas so é preciso que  o 10% dos ingresos que proveñan da agricultura e ter 0,15% UGM por Ha.  Neste sentido, Unións Agrarias pide que se fixe como teito máximo unha subvención de 60.000 euros por explotación, e non de 300.000.
Na reunión que tivo lugar hoxe na Subdelegación do Goberno en Ourense, Roberto García insisteu diante de Arias Cañete en que o feito de os gandeiros galegos teñen que comprar nos últimos años cuota para producir ten que tener una compensación económica agora que os ganaderos deberán afrontar el paso a un escenario sin cuotas, do contrario serán os máis perjudicados pola reforma da PAC xunto aos viticultores  que verán desaparecer os dereitos de plantación

Agader marxina a Ourense

Finalmente desde o sindicato tamén se alerta da escandalosa marxinación da provincia de Ourense realizada pola AGADER no reparto que ven de producirse dos fondos para os GDR, e na que se primou de modo absoluto a Pontevedra e A Coruña deixando a Ourense con apenas 800.000 euros, que é o mínimo establecido.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web