Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Política Agraria Reforma da PAC

UUAA PIDELLE A CONSELLEIRA QUE SE DEIXE DE DEMAGOXIA NA PAC

En Medio Rural recoñecen que as axudas carecen aínda dos criterios de reparto

~~Unións Agrarias agarda que a conselleira de Mar e Medio Rural explique cómo é posible anunciar un volume pechado de axudas da PAC para Galicia no período 2015-20, cando, tal como se recoñeceu onte no encontro en Lugo coas organizacións agrarias, os criterio de reparto das axudas están aínda sen pechar polo que as cifras poden variar de xeito importante.
Para UUAA non é posible garantirlle aos produtores lácteos galegos que co debuxo que saíu da comisión sectorial de agricultura do pasado martes, non van a sufrir o dumping da produción francesa que si está primada polo seu goberno a partir do 2015 nun mercado xa sen cotas lácteas.
Ademais coa asignación por vaca e non por volume de cota, as grandes perxudicadas serán as explotacións máis eficientes. En canto ao importe das axudas acopladas –anuciaronse uns 93 millones de euros-, desde UUAA valorase que en torno ao 40 o 50% deberían corresponder a Galicia, que ten 350.000 das 800.000 vacas de leite do Estado.
Do mesmo xeito, desde a organización agraria valórase como moi grave e desconcertante que se insista desde Medio Rural que no reparto de axudas non se introduzan medidas correctoras que permitan que as primeiras hectáreas subvencionadas reciban unha prima respecto das seguintes para que Galicia cunha media de 15 Ha por explotación non se vexa marxinada respecto da media do Estado que é de 30 Ha por explotación.
Finalmente desde Unións Agrarias, pídelle ao Partido Popular e a Xunta de Galicia que levanten a vista un pouco do calendario electoral e se impliquen en que as axudas europeas cheguen a aqueles profesionais que realmente viven da agricultura e gandería, deixando ao marxe aos propietario de grandes extensións que non teñen actividade efectiva o sector primario.
Estes agricultores de sofá, co actual debuxo de perceptor que se estipula na PAC, teñen asegurado seguir recibindo de xeito inmoral axudas europeas xa que estipula que para ser perceptor de axudas so é preciso ter o 20% de UGM por Ha e que o 20% dos ingresos que proveñan da venta da produción sen ter en conta o conxunto da súa renda o que fai que calquera multimillonario poida cobrar axudas.  Neste sentido, Unións Agrarias pide que se fixe como teito máximo unha subvención de 60.000 euros por explotación, e non de 300.000.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web