Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Política Agraria Reforma da PAC

UUAA ADVIRTE QUE A REALIDADE DA PAC SE VERÁ TRAS DAS EUROPEAS

O acordo entre UPA e o Goberno, do que fala a Conselleira, simplemente non existe

~~Unións Agrarias sospeita que a realidade da distribución dos fondos da PAC para os agricultores e gandeiros galegos vai a ser incluso peor que os anunciados pola conselleira, Rosa Quintana. Desde o sindicato non se entendeu desde o principio o triunfalismo amosado por Medio Rural ao ter acadado un escaso 3% dos ingresos cando polo volume de produtores activos deberían de corresponderlle a Galicia un 16%.
Mais preocupante resulta o feito de que ata dentro de catro meses –pouco despois das Eleccións Europeas- non se coñeza como queda a distribución das rexións agronómicas, peza clave para saber realmente cánto e a quén se lle van a entregar fondos da PAC. Desde o sindicato sospeitase da existencia dun reparto oculto que neste momento non sae a luz por motivos puramente electoralistas. UUAA insiste en pedirlle a Medio Rural que poña fin a campaña de propaganda baseada en incertezas e estude o que están facendo en Francia para situar a súa gandería de leite nunha posición de vantaxe para o horizonte de 2015 cando xa non haxa cotas.
Ademais coa asignación por vaca e non por volume de cota, as grandes perxudicadas serán as explotacións máis eficientes. En canto ao importe das axudas acopladas –anunciáronse uns 93 millóns de euros-, desde UUAA valorase que en torno ao 40 o 50% deberían corresponder a Galicia, que ten 350.000 das 800.000 vacas de leite do Estado. Unha realidade a que hai que sumar os recortes nos Plans de Mellora das explotacións que vai a levar adiante a Consellería. O novo regulamento vai a impedir que as explotacións que invistan de xeito continúo para lograr unha produción eficiente, verán reducidas as axudas ao solicitalas en varios exercicios.
Desde a organización agraria valórase como moi grave e desconcertante que se insista desde Medio Rural que no reparto de axudas non se introduzan medidas correctoras que permitan que as primeiras hectáreas subvencionadas reciban unha prima respecto das seguintes para que Galicia cunha media de 15 Ha por explotación non se vexa marxinada respecto da media do Estado que é de 30 Ha por explotación.
Finalmente desde Unións Agrarias, pídeselle a Rosa Quintana que non bote man de falsos argumentos para tratar de tapar as limitacións da súa xestión xa que non existe ningún acordo entre a Unión de Pequeños Agricultores, UPA, e o Goberno na definición de quen poder ser catalogado como perceptor de axudas da PAC. Para UPA como UUAA, estes agricultores de sofá, co actual debuxo de perceptor que se estipula na PAC, teñen asegurado seguir recibindo de xeito inmoral axudas europeas xa que estipula que para ser perceptor de axudas so é preciso ter o 20% de UGM por Ha e que o 20% dos ingresos que proveñan da venta da produción sen ter en conta o conxunto da súa renda o que fai que calquera multimillonario poida cobrar axudas





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web