Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Política Agraria Reforma da PAC

GALICIA PERDERÁ 163 MEUROS EN FONDOS DE DESARROLLO RURAL

Medio Rural agochaba unha redución do 50% na achega do Ministerio

~~Galicia perderá nos próximos cinco anos arredor de 163 millóns de euros en Fondos de Desarrollo Rural (FEDER) e do MAGRAMA, respecto do período 2007/13. Unha vez coñecidos os criterios de reparto que vai aplicar o Ministerio de Agricultura e a dotación orzamentaria que se vai a destinar a este capítulo, chama atención que a Comunidade de Galicia pasa de recibir 1.207 millóns de euros en 2007/13 a os 1.043 millóns previstos para 2014/20.

Con este reparto, no que o MAGRAMA pasa de aportar do 50% dos fondos a un 30%, Galicia deberá cubrir con fondos propio a diferenza se que quere ter acceso ao diñeiro para desenvolvemento rural. Unha situación que dista moito do triunfalismo manifestado días atrás pola conselleira de Medio Rural polo resultado da Conferencia Sectorial de Agricultura, e da que xa advertira Unións Agrarias no sentido de que sen coñecer os criterios de reparto era moi aventurado falar de cantidades finais.

O sindicato pídelle a Rosa Quintana que cando menos se sume ao grupo de seis comunidades (Andalucía, Asturias, Castilla e León, Cataluña, A Rioxa e Canarias), que están esixíndolle a Arias Cañete unha nova rolda de reunións para debater a cofinanciación das axudas ao desenvolvemento rural. Porque mais alá da disciplina de partido –neste grupo tamén hai gobernos do PP- está o interese e a necesidade de manter cando menos o nivel de investimento dos últimos cinco anos no rural galego.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web