Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Política Agraria Reforma da PAC

Unións Agrarias denuncia o recorte das axudas da PAC para 2014 e esixe á Administración que retome a súa decisión sobre a aplicación da PAC para 2015-2020

Os agricultores e gandeiros perderán case o 9% das axudas en 2014

~~O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) vén de publicar unha resolución na que se establecen as dotacións financeiras das axudas directas aos agricultores no marco da PAC para o ano 2014. Esta decisión, que xa foi comunicada no día de hoxe ás Comunidades Autónomas, establece unha redución lineal do valor dos dereitos de pagamento único e das axudas para compensar desvantaxes específicas aos produtores que manteñen vacas nutrices, aos do vacún de leite, ovino, e cabrún, así como as axudas para a mellora da calidade do leite e da carne de vacún, ovino e cabrún nun 8,64%. As primas por vaca nutriz recortaranse ademais nun 8,87%
A pesares de que o regulamento europeo deixa a decisión dos Estados membros a posibilidade de non aplicar esta redución aos agricultores que no ano 2013 cobraron axudas de ata 5.000€, o goberno do PP optou por aplicar as tesoiras a todos os agricultores e gandeiros por igual. De aplicar esta excepción, non se verían afectados polo axuste orzamentario o 82,6% dos agricultores, que perciben tan só o 33,25% dos importes.
Para Unións Agrarias os recortes anunciados para o ano 2014, ano tomado como base para calcular o valor dos dereitos de 2015 a 2020, confirman a mala negociación feita dende o goberno galego para a aplicación da nova PAC.
Dende a organización profesional agraria instan á Administración a que se reabra o diálogo para redefinir cuestións fundamentais para o futuro como a definición de ‘agricultor activo’, é dicir, de quen vai poder percibir axudas directas de 2015 a 2020.
Desde Unións Agrarias lémbrase que hai poucos días, a conselleira de Mar e Medio Rural anunciaba que Galicia cobraría a mesma cantidade e hoxe confírmase que ningún dos piares fundamentais para o sector vai recibir o mesmo, no primeiro un 9% menos, e no segundo 163.000 m€ menos case un 15% menos.
 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web