Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Política Agraria Reforma da PAC

UN PRODUTOR FRANCÉS RECIBE UN 75% MAIS PAC CUN GALEGO

A definición de agricultor activo española multiplica o número de perceptores

~~O modelo de reparto de axudas da Política Agraria Común (PAC), acordado polo Goberno español coas Comunidades Autónomas perxudica claramente os intereses dos produtores agrogandeiros españois, tal como ven denunciando o sindicato Unións Agrarias, xa que multiplica o número de perceptores de fondos comunitarios pola mala definición da figura do agricultor en activo.

Logo de coñecer  o pasado luns da transferencia a Galicia a través do FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria) de 134 millóns de euros, establécese unha media de 4.350 de euros co actual modelo que habilita a 39.908 perceptores fronte aos 31.184 produtores censados no SETA. Atendendo unicamente a este últimos, ao igual que se fai en Francia, o volume medio de ingresos medio por fondos PAC en Galicia ascendería a 5.567 euros. No modelo francés, compartido pola case totalidade de países da UE, os case 8.000 millóns de euros que lle corresponden, repártense entre 370.000 agricultores e gandeiros en activo, mentres que no caso do Estado español o reparto faise entre 910.450 perceptores cando dados de alto no SETA so hai 195.753 agricultores e gandeiros.

Desde Unións Agrarias, pídelle novamente ao Partido Popular e a Xunta de Galicia que levanten a vista un pouco do calendario electoral e se impliquen en que as axudas europeas cheguen a aqueles profesionais que realmente viven da agricultura e gandería, deixando ao marxe aos propietario de grandes extensións que non teñen actividade efectiva o sector primario. As axudas comunitarias non deben de servir de complemento para as xubilacións senón como un motor para modernizar o sector para que poida competir no mercado libre. Estes agricultores de sofá, co actual debuxo de perceptor que se estipula na PAC, teñen asegurado seguir recibindo de xeito inmoral axudas europeas xa que estipula que para ser perceptor de axudas so é preciso ter o 20% de UGM por Ha e que o 20% dos ingresos que proveñan da venta da produción sen ter en conta o conxunto da súa renda o que fai que calquera multimillonario poida cobrar axudas.  Neste sentido, Unións Agrarias pide que se fixe como teito máximo unha subvención de 60.000 euros por explotación, e non de 300.000.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web