Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UU.AA. DENUNCIA O APARTHEID EDUCATIVO DOS NENOS DE LUGO

O sindicato esixe á Xunta que free o derribo da educación primaria no rural

Lugo, 18 de xullo de 2012.- Unións Agrarias manifesta a súa total indignación polo apartheid educativo que están a sufrir os nenos do interior de Galicia, e moi especialmente os das aldeas e vilas da provincia de Lugo.  Para o sindicato, é tempo de que a Consellería de Educación se tome un respiro no seu afán de demolición da ensinanza primaria no rural lugués e pense un pouco no futuro das nenas e nenos destas zonas, que ven como son amoreados en aulas cunha dotación de mestres ridícula.


 


Desde a Xunta estanse a fomentar as diferenzas entre a Galicia interior e a costeira, condenando as zonas rurais a unha dobre marxinación sobre as urbanas, e o que é máis grave, primando neste repartimento da miseria a ESO sobre a Educación Primaria. Así, na ESO declaráronse moitos concellos zonas especiais, é dicir, seguiron a discriminación positiva, para non suprimir esta etapa da educación cando hai menos de 12 nenos, como son os casos de Folgoso do Caurel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, etc.


 


En Primaria non se está seguindo a mesma liña, cando sabemos que os primeiros anos son a etapa máis importante da educación dun neno. Exemplo desta situación é o colexio de Triacastela, que quedará convertido nun centro de infantil; isto quere dicir que non hai director, só un responsable. Os centros escolares convértense nas antigas escolas unitarias, xuntando unidades con nenos de  3 a 6 anos, de 7 a 11 anos. Así, é imposible que un só mestre poida atender a nenos con niveis tan diferentes. A carreira de Maxisterio está moi especializada, co cal un mestre de inglés, por exemplo, non está capacitado para impartir todo o abano de materias curriculares.


 


A educación de calidade no rural non é un servizo, é un dereito constitucional. As diferenzas que agora está a fomentar o Goberno de Feijóo verémolas agravadas nos próximos anos, segundo os nenos e as nenas vaian avanzando nos estudos, e sobre todo ao cambiar de centro, por teren un nivel máis baixo. Esta falta de sensibilidade cara ó rural tamén se viu co peche de Preescolar na casa, que atendía a 3.600 nenos e supoñía un custo aproximado para a Xunta de 600.000 €, cun gasto por neno de 166 € ao ano. Este servizo non era só de educación para os nenos onde non hai garderías, senón que supoñía o asesoramento a pais e nais xa desde o embarazo.


 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web