Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

COMUNICADO DE UNIÓNS AGRARIAS AO ARQUIVO DEFINITIVO DA AUDIENCIA PROVINCIAL Á CAUSA DO PPdeG E A XUNTA DE CONTRA UNIÓNS AGRARIAS

~~O dez de setembro de 2013 o Xulgado de Instrución n.º 1 de Santiago acordou o sobresemento e arquivo da causa iniciada polo Partido Popular cunha querela contra Félix Porto Serantes, Alcalde de Muxía, no Xulgado de Corcubión, posteriormente ampliada e secundada pola Xunta de Galicia contra o sindicato Unións Agrarias de Galicia, que o goberno galego e o partido popular denominaron "trama agraria".


A citada resolución sinalaba con tal claridade que "Polos motivos expostos, concluímos que non hai base indiciaria que xustifique a continuación deste procedemento por un presunto delito de fraude de subvecións vinculado a un finanzamento ilegal do PSdeG, nen tampouco, claro está, a ningún outro fin distinto do anterior". Pese o antes exposto na resolución recorreron en Reforma a Xunta de Galicia e o Partido Popular despois de ser desestimado o recurso. Posteriormente e tamén ao unísono interpuxeron recurso de apelación ante a Audiencia Provincial.

Hoxe a Audiencia Provinicial da Coruña acaba de notificar a desestimación dos recursos de apelación, formulados pola Xunta de Galicia e o Partido Popular, contra o devandito auto de arquivo, confirmando o auto do Xulgado de Instrución n.º 1 de Santiago. O auto da Audiencia é firme e contra el non cabe recurso ningún.

A Xunta de Galicia e o Partido Popular pretendían avalar co seu recurso unha actuación de causa xeral-global e de amedentramento de Unións Agrarias malia a declaración dos interventores da Xunta encargados especificamente do control financeiro das subvencións outorgadas ás distintas asociacións que sinalaron que non existía irregularidade algunha nin na súa concesión, nin na súa tramitación, nin na súa xestión nin na súa xustificación e malia que a resolución que recorrían sinalaba isto mesmo "que ás únicas irregularidades detectadas eran de tipo formal, como ausencia do cartaz anunciador do organismo concedente da subvención, ou de tipo laboral, como a falta de concordancia entre ou domicilio do centro de traballo sinalado na petición da subvención, ou mesmo non contrato subscrito".


A esa conclusión chegaron os devanditos funcionarios despois do control económico realizado, de forma máis ou menos ortodoxa conforme á lei ou non, pola Xunta de Galicia: mediante o que denominou "visitas" (de comprobación) previas primeiro, as "inspeccións" conxuntas da Consellería de Traballo e Consellería de Presidencia, despois e; finalmente pola Consellería de Economía e Facenda a través do Control Financeiro, tal. A esa conclusión chegaron o Xulgado de Instrucción de Santiago e a Audiencia Provincial da Coruña.


Chegado este momento sería esperable que os que propiciaron as "visitas" a Unións Agrarias, os cales realizaron comentarios inxuriosos, calumniosos e atentaron contra a honra de Unións Agrarias, pidan desculpas antes de dimitir. É pois o momento de recordalos a Rodríguez Miranda que non todo vale para trepar politicamente e a Alfonso Rueda que non se pode poñer a administración autonómica ao servizo do goberno e ao servizo do partido político que o sustenta.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web