Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE MAIS VIXIANCIA NO RURAL CONTRA OS ROUBOS

Unha vaga de delitos estase dando nos concellos de Lugo e Guntín

Lugo, 18 de decembro.- O sindicato Unións Agrarias denuncia que unha nova vaga de roubos no rural estase cebando con moitas das parroquias dos concello de Lugo e Guntín.
En concreto virose afectadas as parroquias de Carballido, Esperante, Calde, Bazar, San Xoan do Campo, Santiago de Saa e lamas no concello de Lugo. Pola súa banda en Guntín, a zona máis castigada é a de O Picato.
Os veciños denuncian que as forzas de seguridade relaxaron bastante a vixilancia no rural o que foi aproveitado polos delincuentes para entrar en vivendas co risco que iso supón de que estes roubos vaian acompañados de agresións graves.

Desde UUAA dáse a voz de alarma ante esta situación realmente insoportable, esixindo ás autoridades que tomen as medidas imprescindibles para garantir a seguridade nas explotacións agrarias.

Cada día as estatísticas presentan como moitas familias do rural se ven obrigadas a afrontar unha importante perda económica e un grave perxuizo no desempeño da súa actividade por culpa de bandas criminais organizadas.

O sindicato, lembra o compromiso do subdelegado do Goberno en Lugo hai agora un ano no que se asegurou que se ían a reforzar a presenza policial nas aldeas para disuadir aos ladróns.

Voceira para este tema Verónica Marcos, secretaria de Igualdade e Política Social de UUAA. Tel 617 676 879





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web