Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA O ABANDONO DA XUNTA EN CASTRO CALDELAS

A Extensión Agraria leva meses sen técnico para tramitacións de axudas

Ribadavía, 18 de decembro de 2015.- O sindicato Unións Agrarias denuncia a extrema precariedade na que se atopa a oficina de Extensión Agraria de Castro Caldelas. Desde hai meses está sen cubrir a ausencia do persoal técnico o que supón a total paralización das tramitacións de axudas e licencias diante da Consellería do Medio Rural.

Unha situación que resulta extremadamente grave xa que desde esta oficina dáse servizo as explotacións de catro concellos, (Monterramo, Parada do Sil, A Teixeira e a propia Castro Caldelas). Todos eles posúen unha importante carga gandeira en cabanas de vacún, ovino e cabrún que ascende a un total de máis de 300 explotacións.

A estas granxas hai que sumar mais de 400 viticultores que tampouco poden tramitar aspectos básicos do seu traballo como os permisos de aplicación de fitosanitarios, autorizacións de plantacións de viñedo, etc.

Desde a organización agraria, lémbrase que nestas datas deberíase estar tramitando as axudas da PAC vinculadas aso dereitos de pago básico en gandería e viñedo, así como os plans de mellora e as tramitacións de novas incorporacións ás explotacións. Para UUAA resulta completamente incomprensible que desde a Xunta de Galicia non se teñan tomado as medidas necesarias para cubrir a planta de persoal en Castro Caldelas tendo en conta que é unha das principais zonas gandeiras de Ourense.

O sindicato esixe a Consellería do Medio Rural que cubra inmediatamente as prazas precisas para acabar co colapso administrativo que padece a comarca, en caso contrario non se desbotan iniciar medidas de presión para acabar con esta situación.

Voceiro para este tema: Carlos Basalo, secretario de Organización comarcal de UUAA Ourense Central. Tel 669 316 156





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web