Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

CARREFOUR COMERCIALIZARÁ EN TODAS AS SÚAS SUPERFICIES UNHA MARCA CON LEITE RECOLLIDO UNICAMENTE EN GALICIA

A cadea de distribución promoverá, unha suba de 2 cts/l aos seus proveedores, Lactalis e Celta, para que o repercuten no leite de decembro

Santiago, 22 decembro de 2015.- O secretario xeral de UUAA, Roberto García acompañado do responsable de Servizos de UUAA, Oscar Pose e dun grupo de gandeiros, logo dunha reunión de máis de tres horas, logrou acadar cos responsables da cadea Carrefour un acordo que senta as bases dun novo modelo de relación entre os tres pes da cadea de valor do leite, produtores, industria e distribución. O  acordo será chequeado ao longo da mañá de hoxe polo que non se retiraran os tractores do centro comercial da rúa Alfonso Molina de A Coruña ata ter a certeza do seu cumprimento.

A cadea de distribución de matriz francesa comprometeuse a desenvolver e comercializar en todo o territorio español unha marca de leite nova que se nutra únicamente do producido en Galicia. Con esta valorización da calidade da produción de Galicia Carrefour cumpriría con aspectos moi importantes para o sector como a identificación en orixe de toda a leite que comercializa.

Por outra banda, grazas a presión dos gandeiros, Carrefour vai a trasladar da súa bolsa económica, e sen repercusión ao consumidor, unha suba de 2 cts aos seus proveedores, Lactalis e Celta, para que estes o repercutan de xeito inmediato aos gandeiros no leite entregado en decembro, e que se cobrará en xaneiro. A presión dos gandeiros logrou que a marca francesa se comprometa co articulado do acordo lácteo no referente a identificación do leite en orixe e a sostenibilidade e transparencia da cadea de valor, fixando en 33,8 cts a cantidade a recibir polos gandeiros e en 51 cts o prezo de venta da industria a distribución como se recolle no estudo da cadea de valor realizado pola INLAC.

As mobilizacións seguen vivas tanto e Lalín, Lugo, A Coruña, e noutros puntos nos que se está informando aos consumidores da situación das familias que viven do leite en Galicia, a espera de concretar as  propostas cos distintos interlocutores. Neste sentido, Unións Agrarias fai un chamamento aos gandeiros que de Agromuralla e mesmo aos que aínda non se mobilizaron, para que se sumen as protestas diante das distribuidoras que aínda non están polo acordo cos gandeiros, como son Gadis, Alcampo e Día.

Voceiro para este tema Roberto García, secretario xeral de UUAA, tel 609 003 880





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web