Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA RECLAMA UNHA PAC QUE SUME BASE TERRITORIAL

O sindicato insta a Medio Rural a cambiar a normativa do Ministerio

Santiago, 15 de xan. de 16.- O sindicato Unións Agrarias vén de rexistrar un escrito dirixido a Consellería de Medio Rural no que se solicita a implicación da Xunta de Galicia para modificar a norma ministerial de aplicación da nova PAC. Desde UUAA vense traballando co departamento de Ángeles Vázquez nun clima de colaboración co obxectivo de favorecer a dispoñibilidade de terras por parte das explotacións galegas para o que é preciso que as administracións adopten unha serie de decisións en relación á aplicación da PAC para o ano 2016.

Para iso é preciso incrementar a superficie admisible, non limitar o súa capacidade de produción e facilitar a declaración de parcelas efectivamente aproveitadas pero cuxa propiedade é difícil de determinar por fenómenos como o da emigración, por iso é preciso que a Consellería do Medio Rural cree un sistema que impida a declaración fraudulenta das parcelas e en consecuencia, evite aos solicitantes das axudas PAC ter que indicar o NIF do arrendador. Por outra banda desde UUAA estimase que en Galicia hai unhas 40.000 hectáreas que son susceptibles de ser consideradas como “pastos permanentes” para iso é necesario que se considere como tales ás terras que serven para pastos que forman parte das prácticas locais establecidas, segundo as cales, as gramíneas e outras forraxes herbáceas non predominaron tradicionalmente nas superficies para pastos.

Finalmente, o sindicato insta a que o periodo no que se verifica a porcentaxe de cultivos se corresponda cos cultivos de inverno. O ano pasado a Medio Rural que o período principal de cultivo de Galicia fora unicamente o comprendido entre maio e setembro. Esta decisión da antiga Consellería do Medio Rural e do Mar condicionou o plan de cultivos dun gran número de explotacións que tradicionalmente facían a rotación millo no verán e herba no inverno, obrigándoas a ter que cumprir a diversificación de cultivos e a superficie de interese ecolóxico durante a época estival, limitando a produción de millo ao 75% da súa superficie de terras arables, introducindo outros cultivos con menor valor nutricional para o gando ou incluso tendo que optar por deixar a barbeito certa superficie, e nalgúns casos, impedindo que as explotacións percibisen un pago dotado co 30% do orzamento para axudas directas e que representa a metade do importe a percibir polo pagamento básico.

Segundo amosan os datos publicados polo FEGA o 19 de outubro, no ano 2015 declaráronse 2.374,35 hectáreas de millo menos que no ano anterior, así como unha superficie a barbeito de hectáreas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web