Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

INICIASE UN BOICOT CONTRA LACTALIS POR NON CEDER AOS GANDEIROS AS SUBAS ACORDADAS COA DISTRIBUCIÓN

NOTA DE PRENSA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DO SECTOR LACTEO GALEGO

Santiago 21 de xaneiro de 16.- A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo de Galicia iniciará de xeito inmediato unha campaña de boicot dirixida aos consumidores e consumidoras na que se poñerá de manifesto a estafa evidente que a empresa francesa Lactalis está perpetrando contra  dos produtores lácteos e en xeral contra da cidadanía galega.

Despois da reunión mantida na mañá de hoxe coa citada industria os representantes das explotacións gandeiras, coñeceron que a empresa fabricante de marcas como President négase a trasladar aos gandeiros as subas acordadas coa distribución nos bricks de leite logo das últimas mobilizacións diante das grandes superficies comerciais.

Neste sentido, Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo dispón das certificacións acreditativas nas que se recolle as subas efectuadas nas liquidacións das firmas da distribución as industrias, polo que as mentiras nas que se escuda Lactalis quedan aínda mías as claras. 

Desde a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego faise un chamamento aos consumidores e consumidoras para que non merquen as marcas elaboradas por Lactalis para non ser cómplices da apropiación ilegal e inmoral da rendas das familias que están ao fronte das explotacións gandeiras.

As medidas de presión que se porán de inmediato en funcionamento irán incrementando a súa dureza polo que non se descarta un bloqueo das plantas de envasado Lactalis en Galicia así como o sinalamento do seus produtos nos lineais dos supermercados.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web