Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UNIÓNS AGRARIAS DENUNCIA QUE O CATASTRAZO PRETENDE MULTIPLICAR POR 10 A RECAUDACIÓN DA CONTRIBUCIÓN RÚSTICA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Pedirá aos Concellos a rebaixa do coeficiente e a posta en marcha de bonificacións para granxas e instalacións agrícolas

Unións Agrarias ven de advertir esta mañá en Pontevedra, da complicada situación na que estarán a maioría das explotacións agrarias da provincia, unha vez que se aplique o “Catastrazo”, si os Concellos non toman medidas para aliviar a presión fiscal sobre as granxas, naves, e outras instalación do rural, que ata o de agora estaban exentas do pago do IBI, ou “contribución”, como popularmente se coñece no rural ao Imposto de Bens Inmobles.

A revisión catastral ou “Catastrazo”, que se está a desenvolver en Galicia dende o ano 2013  en aplicación da Resolución da Dirección Xeral do Catastro de 10 de setembro de 2013 polo que se determinan municipios e período de aplicación do procedemento de regulación catastral, foron creados pola Lei 16/2012, de 27 de decembro, regulándose nas disposicións adicionais terceira e cuarta do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario. E supón un intento do Ministerio de Facenda de sanear as contas dos Concellos a través da revisión e suba dos bens do Catastro de Urbana e Rústica en toda España en xeral, e nos concellos de Galicia en particular, e que na provincia de Pontevedra dun total de 62 concellos, xa afectou a 12 Concellos, estando outros 18 en revisión neste momento, e estando prevista a incorporación  de todos os restantes que o soliciten ata finais de 2016 ou 2017, de ser prorrogado.

Actualmente na provincia de Pontevedra estase a recadar 169.984.625  euros cada ano en concepto de cobro de IBI por Catastro Urbano e Rústica; 167.829.795 euros en concepto de Urbana; 2.154.830 euros en concepto de Catastro de Rústica, estimándose que no caso de Rústica o Ministerio pretende multiplicar esta cifra por 10 mediante o Catastrazo, unha vez que finalizase o proceso de regularización.

Unións Agrarias entende esta revisión é desproporcionada no caso do Catastro de Rústica, polo que os Concellos teñen que tomar medidas para paliar o seu impacto na actividade agrogandeira, especialmente nos sectores de leite, carne, porcino e avicultura, que atravesan pola súa crise máis grave das últimas décadas. Por elo Unións pide basicamente dúas medidas:  Primeira, que os Concellos reduzan ao mínimo a cota de liquidación ao mínimo previsto pola lei que é do 0,3% do valor catastral dos inmobles de rústica (granxas, galpóns, establos, invernadoiros) e segunda, que a maiores aplique as bonificacións que permita a lexislación ás instalación actualmente en activo, utilizadas para xerar rendas e emprego no rural.

Ambas medidas son posibles nos Concellos que non se acolleran ao “rescate municipal”.Non son posibles naqueles concellos que están acollidos, ben nun plan de axuste por 3 anos do ano 2012(RD 4/2012) ou nun plan de saneamento ( plan de  Estabilización financeira),  dun ano de duración,para aquelas administracións municipais endebedadas e que tiveron que recorrer aos fondos do Ministerio de Facenda, dentro dos devanditos Plans.

Hai que ter en conta que na actualidade 3 Concellos da Provincia de Pontevedra aplicarían en rústica a cota alta de mais do 0,7%., 8 Concellos teñen unhas cotas intermedias (entre 0,5% e 0,7%) e 51 Concellos están a aplicar o mínimo , menos do 0,5%. Pola contra os Concellos en rescate, quedan sen marxe  para poder rebaixar a cota establecida

A aplicación dos criterios propostos por UUAA, faría que un establo que estivera valorado en 100.000 euros, e que ata o momento do Catastrazo non viña pagando o IBI, pasaría a pagar 900 euros cada ano si se lle aplicase o 0,9% de taxa máxima que permite a Lei. Coa primeira medida proposta por UUAA, rebaixando a cota ata o 0,3% que permite a Lei, pasaría a pagar 300 euros cada ano, e de aplicárselle a segunda medida que pretende Unións, dunha bonificación do 90%, pasaría a pagar 30 euros cada ano.

E importantísimo que as revisións catastrais efectuadas se axusten a realidade, dado que se dan moitos erros o catalogar moitas instalacións de uso agrario como almacéns de uso urbano, tendo consecuencias na valoración e en posibles bonificacións

UUAA demanda dos Concellos galegos, unha aplicación xusta e racional da revisión catastral, de xeito que a presión fiscal sobre o sector primario sexa proporcional as súas posibilidades reais, para o cal a revisión das cotas de liquidación e a posta en marcha das bonificacións, supoñen dúas medidas inescusables de aplicación polas administracións municipais galegas. É directamente demencial, e está fora da realidade pretender que os produtores galegos ingresen nas arcas municipais  da provincia de Pontevedra preto de 22 millóns de euros anuais, nas actuais circunstancias.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web