Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA TRASLADA A EDUCACIÓN O IMPACTO NAS BECAS DO CATASTRAZO

A nova tributación dos bens rústicos fará perder axudas aos fillos dos gandeiros

Santiago, 17 de febreiro de 2016.- O secretario xeral de UUAA vén de rexistrar unha solicitude de reunión co conselleiro de Educación, Román Rodriguez, para trasladarlle a preocupación coa que os titulares das explotacións agrogandeiras galegas están a vivir o inminente procedemento de regulación catastral.

Tal como está denunciando nas últimas semanas a organización agraria o “Catastrazo”, que se está a desenvolver en Galicia dende o ano 2013 en aplicación da Resolución da Dirección Xeral do Catastro, supón un intento do Ministerio de Facenda de sanear as contas dos Concellos a través da revisión e suba dos bens do Catastro de Urbana e Rústica en toda España en xeral, e nos concellos de Galicia en particular. Neste sentido, Unións Agrarias entende esta revisión é desproporcionada xa que no caso de Rústica, o Ministerio pretende multiplicar a recadación por 10 mediante o ”Catastrazo”, unha vez que finalizase o proceso de regularización.

Pero ademáis con esta modificación entra a figurar de xeito formal no patrimonio de agricultores, gandeiros en activo ou xubilados, o valor catastral das construcións da granxa, con todos os efectos fiscais que con leva. Así na convocatoria de Becas de Estudos 2016, do Ministerio de Educación, fíxase un “umbral patrimonial”, segundo o cal, “La suma de los valores catastrales de las fincas rústicas pertenecientes a los miembros computables de la familia, dividido entre el número de miembros de la unidad familiar, no puede superar los 13.130 € por cada miembro computable”.

Isto pode deixar sen posibilidades de acceso ás becas, a moitos fillos e fillas dos agricultores e gandeiros de Galicia, unha vez que a devandita revisión do Catastro de Rústica, dea de alta e actualice os valores das instalación rústicas anexas ás explotacións, que ata o de agora non se viñan considerando aos efectos do Catastro. É falso que o feito de contar cunha nave no patrimonio da explotación, moitas veces en situación de grave endebedamento familiar ou de falta de rendibilidade económica da actividade agrogandeira, supoña ningún tipo de situación de privilexio económico ou patrimonial que faga innecesaria á beca, antes ben ao contrario, correspondendo a situación obxectivas de necesidade de acceso á mesma, para que os membros da familia poidan ter acceso á educación media ou superior, en condiciones de igualdade con calquera cidadán do ámbito urbano.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web