Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UNIÓNS AGRARIAS PIDE “BORRÓN E CONTA NOVA” NO SECTOR EÓLICO

Fronte a situación de estancamento provocada polos reiterados fracasos da Xunta

Santiago, 22 de febreiro. de 2016.- A situación do sector eólico galego é de completa parálise e caos xurídico, trala sentenza do TSXG da pasada semana que ordena repetir a valoración de todos os proxectos presentados ao “Concurso Feijoo” do ano 2010. Este concurso fora convocado pola Xunta tras declarar nulo o anterior concurso do Goberno Bipartito do ano 2007 (cuxa legalidade sí foi recoñecida polo TSXG mediante sentenza posterior). O “Concurso Feijoo” adxudicara 2.325 MW de potencia (equivalente aproximadamente á potencia de dúas centrais nucleares), pero a publicación polo Goberno Rajoy  do RDL 2/2013 de medidas urxentes no sector eléctrico, onde se recollía a paralización do sistema de retribución de primas da enerxía eólica, deu ao traste cos investimentos. De xeito que a día de hoxe instaláronse menos de 50 MW nos últimos anos, e sendo practicamente inexistentes os proxectos empresariais asociados ao concurso, a pesares das declaracións da Xunta.

Esta sentenza do TSXG da definitivamente a puntilla ás expectativas do “Concurso Feijoo” de mobilizar 5.000 millóns de euros en investimentos empresariais aos que se obrigara ás empresas adxudicatarias dos parques eólicos, estando moitos deses proxectos vinculados ao sector primario (fundamentalmente cooperativas lácteas que agora atravesan serios problemas), o sector agroalimentario, e da pesca e as conservas, o que tería reforzado ao sector primario de Galicia para facer fronte a actual crise, tanto na súa viabilidade económica como nas posibilidades de xerar emprego no rural. O fracaso do Plan Eólico galego supuxo a perda de 5.300 millóns de euros de investimento privado en plans empresariales, o 15% dos mesmos ubicados no rural galego, e a perda de 2.100 postos de traballos no rural, e 13.6 millóns de euros anuais en rentas de propietarios e Comunidades de Montes en concepto de aluguer dos terrenos.

Ante esta situación, Unións Agrarias e Ventonoso consideran que só cabe o borrón e conta nova. A anulación total do Concurso Feijoo, o pago das indemnizacións ás que haxa lugar, e a definición dun novo SOPORTE LEXSLATIVO, onde os propietarios dos terreos, as comunidades de montes, e as cooperativas agrarias, teñan un papel relevante como propietarias dos terreos onde se levantan os parques, como ocorre en Alemaña e Dinamarca, onde ata un 20% dos parques pertencen a cooperativas de agricultores e gandeiros, e onde os propietarios dos terreos perciben ata un 10% dos ingresos dos parques, fronte o habitual 1,5% que se veu dando en Galicia. Con contratos leoninos, de prórroga automática, e dereitos de superficie para as empresas sobre a totalidade das fincas, e non só as partes ocupadas polas infraestruturas do parque, contratos que son auténticas “preferentes do vento”. Neste marco que se demanda, ten que primar máis a participación dos propietarios, que a recaudación vía impostos das administracións, como o ITP ou o Canon Eólico, que na realidade apenas revirten no rural galego.

Unións Agrarias aposta por un novo modelo no que se prime a eficiencia enerxética, á xeración distribuida, o autoconsumo e o sistema de balance neto, como se está a desenvolver en EEUU, Xapón, e a maior parte dos países da UE, e xusto o contrario do que ven facendo a Xunta e o Goberno da Nación. Asemade acabar coa campaña de desinformación e intoxicación que liga a suba do recibo eléctrico a empresas e cidadáns, e a existencia do déficit de tarifa, ao pago das primas ás enerxías renovables, cando a realidade é que estas primas recortáronse en 2.000 millóns de euros e o recibo da luz non parou de subir. Pois pese a caer un 18% o consumo eléctrico entre 2008 e 2014, os ingresos das eléctricas aumentaron un 26%, subindo o prezo do MWh nas subastas de 38 euros de 2008 ata 48 euros en 2014. Ao que hai que engadir a suba dos peaxes de Red Eléctrica Española (empresa regulada polo BOE, cun 30% de beneficios sobre facturación, e cun 60% da propiedade da mesma en mans de capital chinés) e da parte fixa do recibo da luz. Esta suba da luz supuxo unha perda de competitividade mediante suba de custes de produción, que fixo inútil moito do sacrificio laboral vía regulación de emprego, e baixada de salarios das empresas industriais españolas en xeral, e do sector agroalimentario en particular. Sendo un lastre para autónomos e PEMES.

UUAA e Ventonoso únense ás voces que esixen do Goberno a volta ao marco da UE na retribución das enerxías renovables, de forma que se poida reducir a dependencia enerxética do pais e cumprir os obxectivos do ano 2020 da UE para enerxías renovables, que suporían unha auténtica oportunidade para o rural galego, polas súas inmellorables condicións de horas de vento aproveitables, e de produción de biomasa no conxunto de España.

Voceiros para este tema:

Jacobo Feijoo, secretario de Desenvolvemento Rural de UUAA (Tlf: 639 63 01 40)

José Antonio Diéguez, presidente de Ventonoso (Tlf: 677348794)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web