Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DEMANDA SOLUCIÓNS Á XUNTA AO IMPACTO DO CATASTRAZO

Os bolseiros do rural perderán moitas axudas pola mala catalogación de bens

Santiago, 3 de marzo de 2016.- O secretario xeral de UUAA, Roberto García Unións Agrarias asistirá mañá a unha reunión de traballo programada cos Conselleiros de Educación e Medio Rural, para tratar o impacto da revisión catastral, ou “Catastrazo”, que se está a levar a cabo na metade dos Concellos galegos, e que pode supoñer un serio problema para o acceso ás becas dos fillos de agricultores e gandeiros.

Esta mesma semana a Consellería de Educación anunciou que lle trasladará ao Ministerio de Educación (competente en materia de becas de estudio) a necesidade de evitar que Catastro inclúa bens inmobles rústicos situados en núcleo rural (granxas, galpóns, almacéns de maquinaria agrícola) como bens urbanos. Non obstante esta petición non vai ao fondo do asunto, xa que só paliaría as revisións catastrais chapuceiras, como a feitas nalgúns concellos previa ao Catastrazo, nas que non se informou ben aos propietarios e se lles incluíron bens rústicos como urbanos (pagando maiores recibos da contribución), e aínda por riba con este efecto inducido de computarllos como “segunda vivenda”, o que pode deixar a moitos rapaces do rural, sen o acceso a una bolsa de estudos por unha mala praxis de Catastro e dalgúns concellos.

UUAA reiterará por tanto a necesidade de que o Ministerio de Educación elimine o “umbral patrimonial” tope de 13.100 euros por membro da familia, de valor de propiedades rústicas, xa que unha vez que termine o Catastrazo no rural galego, serán centos as familias que poidan aparecer cun patrimonio rústico que facilmente superará esa cifra ao incluírse o valor de granxas, cortes e galpóns. É totalmente discriminatorio con respecto.

Ao aflorar estes valores das naves e galpóns, asociadas a actividade agraria e gandeira, segundo avance o “Catastrazo” vai ir aparecendo un patrimonio ficticio cando a realidade é que a actividade no campo, ás máis das veces apenas deixan rendas ás familias na crise actual, o que vai supoñer un lastre insuperable para acceder ás becas. UUAA buscará a colaboración da Xunta para que independentemente da resposta do Ministerio de Educación e Facenda, se faga todo o posible ningún fillo ou filla de agricultor e gandeiro galego, quede sen posibilidades de acceder a una beca para estudar e formarse, para iso pide que se habilite unha liña propia de financiamento, para activarse en caso de perda de dereito de becas.

Voceiro: Xacobo Feijoo, responsable de Desenvolvemento Rural de

UUAA, Tel 639 630 140





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web