Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O LACTEO CHEGA Ó PICO DE PRODUCIÓN DE ABRIL SEN SOLUCIÓNS

Os gandeiros galegos temen unha salvaxe contracción nos prezos en orixe

Santiago, 18 de marzo de 2016.- O sector lácteo galego afronta con inquedanza a proximidade do pico produtivo do mes de abril ante a posibilidade dunha contracción salvaxe dos prezos do leite pagados en orixe por parte das industrias e primeiros compradores. Polas notificacións que están chegando as granxas prevese que unha vez máis se use a ameaza de redución dos volumes de recollida para forzar a caída nas cotizacións.

Para o sindicato Unións Agrarias a confluencia destes elementos xunto coa falta de resposta política e institucional constitúen a tormenta económica perfecta, que se pode levar por diante o futuro das pouco mais de 9.000 familias que manteñen a explotación aberta.

Logo do Consello de ministros comunitarios do pasado 14 de abril,  trasládanse un panel de vaguedades e medidas voluntarias para a redución da produción que non comprometen ningún resultado efectivo e que en calquera caso quedan a discreción de cada estado membro. Non se establece harmonización na contracción da oferta de leite polo que loxicamente ningún pais se vai a sumar a esa iniciativa. E suposto, en ningún caso se emenda nin se dan alternativas ó desastre que supuxo ter eliminado as cotas e tódolos mecanismos de regulación da produción láctea o que trouxo consigo o actual “lei da selva” que levou a saturación dos círculos comerciais.

Unha situación que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, CNMC, non valora como preocupante noutra resolución vergoñenta –outra mais que se sería merecedora do peche inmediato- na que pon de manifesto o desprezo cara os produtores e o seu carácter de oficina de propaganda política alonxada da defensa do interese público. Neste sentido, sería interesante saber a valoración da CNMC sobre a entrada no mercado español de queixo de Alemaña a 2,20 €/Q cando o prezo que se paga polo leite en orixe é de 30 cts/l e cada quilo de queixo compacta 10 litros de leite.

Para Unións Agrarias a actual falta de normas sancionadoras efectivas fai que a usura coa que se manexan algúns primeiros compradores e cooperativas recollendo leite a 12 cts/l con destino e Lactalis ou Renny Picot, non teña ningún risco xa que desde o Ministerio de Agricultura se minimiza o problema ao referirse a el como un tema circunscrito a Galicia.

Tamén desde o Ministerio de Agricultura trasladase que se busca unha redución voluntaria da produción láctea a través dun acordo coa INLAC. Nada se di na comunicación se vai a facerse unha análise da escalada de incrementos, para localizar as zonas nas que máis medraron as achegas de leite. Sería completamente inxusto e insolidario que Galicia, que aparece na banda baixa tanto no incremento de produción como nos prezos, pagara os “pratos rotos” doutras comunidades autónomas que chegaron a colleitar subas porcentuais de dous díxitos.

Ademais, non se entende que exista unha redución na produción se non se compensa ás explotacións o recorte nos volumes nun momento no que os prezos están polo chan.

Para o sindicato Unións Agrarias, o presidente da Xunta de Galicia ten a oportunidade de pechar o seu mandato cun xesto decidido cara os gandeiros de leite no canto de liderar un movemento político en defensa do seu modo de vida e por extensión cara o medio rural, que tanto se bota en falta nesta cronificada falta de saída. So así se poría fin a modelos de actuación nocivos para as explotacións lácteas, como o da empresa Leite Río, que ten no amedrantamento da base de produtores a ferramenta para mellorar os seus balances.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web