Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA QUE QUEIXERIAS PRADO ESTÁ INICIANDO UNHA CAMPAÑA SALVAXE DE ABANDONO DE PRODUTORES EN SARRIA

O presidente Feijoo debe de actuar fronte as ilegalidades das industrias

Santiago, 31 de marzo de 2016.- A empresa Queixerias Prado  comezou hoxe a notificar a través do transportistas a pequenos e medianos produtores de Sarria Galicia que a partir do día 7 de abril cesará de xeito unilateral na recollida de leite en polo menos 8 explotacións lácteas da comarca que supón unha produción de 200.000 litros ao mes.

Unha campaña de amedrentamento que para o sindicato Unións Agrarias non busca outro obxectivo que forzar a baixa os prezos que se polo leite en orixe aproveitando a situación de incerteza na que se atopa o sector lácteo en Galicia. Ningún dos produtores ameazados puido atopar empresa alternativa de recollida dada a actitude mafiosa das industrias que non lle permiten aos gandeiros a procura de alternativa.

A organización agraria pide unha acción decidida por parte das administracións que teñen competencia no sector para frear esta “política empresarial” consistente en arranxar a contra de resultados a conta de forzar caídas no prezo do leite en orixe apoiándose nas ameazas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web