Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA QUE LEITE RIO ESTÁ INICIANDO UNHA CAMPAÑA SALVAXE DE ABANDONO DE PRODUTORES EN TODO GALICIA

Pide ao presidente Feijoo que actúe fronte a ilegalidade crónica da empresa

Santiago, 16 de marzo de 2016.- A empresa Leite Río está comezando a notificar a través do transportistas a pequenos e medianos produtores de toda Galicia que a partir do mes de abril cesará de xeito unilateral na recollida de leite en moitas explotacións lácteas.

Unha campaña de amedrentamento que para o sindicato Unións Agrarias non busca outro obxectivo que forzar a baixa os prezos que se polo leite en orixe aproveitando a situación de incerteza na que se atopa o sector lácteo en Galicia.

O sindicato agarda que o presidente da Xunta que nos últimos días se amosou disposto a deseñar solucións a medida para legalizar planta de transformación Ceao II, condicione facer a vista gorda ante as ilegalidades urbanística, a cambio de que Leite Río cumpra alomenos algún dos artigos  recollidos no Decreto Lácteo.

A organización agraria pide unha acción decidida por parte das administracións que teñen competencia no sector para frear esta “política empresarial” consistente en arranxar a contra de resultados a conta de forzar caídas no prezo do leite en orixe apoiándose nas ameazas.

Neste sentido, UUAA non se entendería que Núñez Feijoo anunciara benevolencia fronte as irregularidades urbanísticas de Leite Río sen que a empresa luguesa corrixira a deriva de extorsión comercial dos produtores lácteos de Galicia.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web