Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA EXISE QUE SE FAGA EFECTIVO O ANTICIPO DA PAC DE 2016

As dificultades económicas que viven as explotacións non admiten demoras

Santiago, 3 de novembro de 2016.- O sindicato Unións Agrarias esixe a Consellería de Medio Rural que se liquiden o anticipo das axudas europeas da PAC correspondentes ao exercicio de 2016, dada a situación de extremada debilidade económica na que se atopan sobre todo as explotacións de leite de Galicia.

A organización agraria lembra que once comunidades autónomas españolas xa se ten iniciado ese desembolso económico ou van a inicialo nesta primeira semana de novembro, co fin de paliar os efectos das caídas de renda agraria que está provocando o afundimento dos prezos en orixe das distintas producións. Porén en Galicia aínda non hai noticias de cando se vai a iniciar o pago a pesar das incertezas polas que atravesa o sector.

Hai que ter en conta ademais, que a propia Comisión Europea xa ten autorizado desde o pasado 16 de outubro a liquidación das cantidades correspondentes ao exercicio do 2016.

En Galicia o adianto das axudas da PAC supón para os arredor de 20.000 agricultores e gandeiros que teñen feita a solicitude, unha entrada de fondos arredor 69.7 millóns de euros que lles permite ter unha mínima liquidez para afrontar os pagos máis urxentes, sobre todo nas explotación de leite.

Voceiro para este tema: Oscar Pose. responsable de Servizos de UUAA, Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web