Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA LAMENTA O REXEITE DA XUNTA A MELLORAR A PAC

A corrección de erros do DOG non cambia a norma do Ministerio

Santiago, 5 de abril. de 16.- O sindicato Unións Agrarias lamenta profundamente a desatención da Xunta de Galicia ás propostas trasladadas pola organización agraria para modificar a norma ministerial de aplicación da nova PAC. No documento trasladado a Medio Rural facíase especial fincapé en favorecer a dispoñibilidade de terras por parte das explotacións galegas. No se entende que despois dunhas longas negociacións se tire co avanzado baixo o recorrente e falso argumento de Bruxelas non permite as modificacións.

O sindicato instaba a que o período no que se verifica a porcentaxe de cultivos se corresponda cos cultivos de inverno. O ano pasado Medio Rural dictou que o período principal de cultivo de Galicia fora unicamente o comprendido entre maio e setembro. Esta decisión da antiga Consellería do Medio Rural e do Mar condicionou o plan de cultivos dun gran número de explotacións que tradicionalmente facían a rotación millo no verán e herba no inverno, obrigándoas a ter que cumprir a diversificación de cultivos e a superficie de interese ecolóxico durante a época estival, limitando a produción de millo ao 75% da súa superficie de terras arables, introducindo outros cultivos con menor valor nutricional para o gando ou incluso tendo que optar por deixar a barbeito certa superficie, e nalgúns casos, impedindo que as explotacións percibisen un pago dotado co 30% do orzamento para axudas directas e que representa a metade do importe a percibir polo pagamento básico.

Prantexábase tamén incrementar a superficie admisible, non limitar o súa capacidade de produción e facilitar a declaración de parcelas efectivamente aproveitadas pero cuxa propiedade é difícil de determinar por fenómenos como o da emigración, por iso é preciso que a Consellería do Medio Rural cree un sistema que impida a declaración fraudulenta das parcelas e en consecuencia, evite aos solicitantes das axudas PAC ter que indicar o NIF do arrendador. Por outra banda desde UUAA estimase que en Galicia hai unhas 40.000 hectáreas que son susceptibles de ser consideradas como “pastos permanentes” para iso é necesario que se considere como tales ás terras que serven para pastos que forman parte das prácticas locais establecidas, segundo as cales, as gramíneas e outras forraxes herbáceas non predominaron tradicionalmente nas superficies para pastos.

Finalmente, e logo de coñecer que o anuncio de previsión de ampliación de prazo de solicitude ao 15 de maio, desde a organización agraria lémbrase que a día de hoxe non chegan a un terzo as presolicitudes cargadas pola administración no sistema informático, o que na práctica supón un estancamento, preludio dun futuro colapso administrativo similar ao do exercicio anterior.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web