Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA REXEITA OS ATAQUES A CISTERNAS E PIDE SOLUCIÓN URXENTES PARA O SECTOR LACTEO

Santiago, 12 de abril de 2016.- O sindicato Unións Agrarias manifesta o seu total rexeite e condena aos ataques que están a recibir contra os seu medio de vida os transportistas que nas últimas semanas sufriron incendios en cisternas de leite.

Non se entende desde a organización agraria que a protesta e a denuncia contra aqueles que están a provocar a ruína das explotacións gandeiras de Galicia, se faga a costa de poñer contra as cordas a traballadores autónomos que ningunha culpa teñen das prácticas mafiosas das industrias que os contratan.

UUAA, fai un chamamento ás administracións para que dunha vez por todas fagan cara a un drama que afoga miles de familias e que as está levando a desesperación. Nin o Ministerio de Agricultura nin a Xunta de Galicia poden permanecer de perfil ante os prezos que se están a pagar polo leite en orixe sobre todo naqueles casos nos que a cotización no acada  nin os 24 cts por litro.

Unións Agrarias loitará a cara descuberta e dentro do estado de dereito, contra das prácticas do primeiros compradores e cooperativas que están a usar a ameaza de deixar o leite sen recoller co único obxectivo forzar os prezos a baixa. A organización denunciará a aquelas industrias que facendo gala dunha dobre moral pola mañá insisten en que sobra leite e pola tarde importan cisternas ou si recollen o leite se é a prezo de saldo. Do mesmo xeito, insístese na importancia en aplicar medidas contundentes a distribución para que deixe de usar o leite como produto reclamo estafando aos consumidores e forzando o peche de explotacións. 

Desde o sindicato lémbraselle ao Goberno que si a pesar de estar en funcións pode facer renovar permisos como os de ENCE, moito menos traballo lle debe supoñer desenvolver e aplicar o acordado no Decreto Lácteo para transparentar a cadea de valor do leite e un corpo de sancións que castigue aos que cos seus incumprimentos está a sabotear o sector. Para iso desde o sindicato insístese na importancia de  coñecer a trazabilidade do leite desde a orixe ao posto de venta.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web