Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

FADEMUR E O HIPERMERCADO E.LECREC INVITAN AO CONSUMO DE LEITE CUNHA FESTA PARA TODA A FAMILIA

O evento terá lugar o próximo sábado no Centro Comercial Abella

Lugo, 13 de outubro de 2016.- A Federación de Mulleres Rurais de Galicia, (Fademur), e o hipernercado E-Lecrec lideran a posta en marcha dunha iniciativa para fomentar o consumo de leite cunha festa para toda a familia que terá lugar o vindeiro sábado 15 de Outubro co gallo da celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais.

O evento que terá lugar no Centro Comercial Abella en Lugo, conta cun amplo programa de actividades que inclúe unha demostración de coctelería con xenebra Ginabelle e leite do estabelecemento Conchi. Esta actividade disporá dunha versión sen alcohol para os nenos e as nenas.

Tamén os froitos do outono contarán cun espazo cos preparados de castañas (fondues e zumes) que aportará Caurelor e os doces artesáns de Mamá Teresa e non faltarán, xa próximos ao San Martiño, as degustacións de porco celta. A animación da festa correrá a cargo do grupo musical Duendeneta que interpretará un repertorio de temas do gusto de todas as idades. Para poder levar adiante esta actividade, que dará comezo a partir das 18.30 h, foi imprescindible a colaboración do hipermercado E.Lecrec que ademáis a agasallará todo os participantes cun desconto do 10% nas mercas que realicen nese día.

Fademur lembra nesta efeméride a importancia do papel das mulleres rurais que son a columna vertebral na que se apoia en grande medida a supervivencia social e económica das vilas e aldeas galegas. Neste sentido, Rosa Arcos, presidenta de Fademur Galicia destaca que “o rural galego so disporá dun futuro viable se a sociedade no seu conxunto fai posible que as mulleres do rural teñan posibilidade poidan  exercer os seus dereitos en pe de igualdade cos habitantes das cidades”.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web