Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PREVÉ ABUSOS NA LEI DE BENESTAR DE ANIMAIS DOMÉSTICOS

A organización agraria acorda coa Mesa Galega pola Caza alegacións ao anteproxecto

Santiago, 19 de Abril. de 2016.- Unións Agrarias reuniuse con representantes da Mesa pola Caza de Galicia, a fin de analizar as alegacións que os cazadores veñen de presentar ao Anteproxecto de Lei de benestar de animais domésticos, presentado pola Xunta de Galicia para a súa exposición pública.

Durante a xuntanza de traballo Unións Agrarias manifestou a súa preocupación polo impacto da Lei no ámbito rural, non só a efectos dos cans de caza, senón tamén sobre posibles sancións a gandeiros que utilicen mastíns para a defensa dos rabaños do lobo, ou ben sancións polo emprego xeral de cans de traballo na gandería.

A problemática orixínase pola pretensión do Anteproxecto de Lei de non diferenciar axeitadamente os cans de compañía, dos cans de caza e traballo do rural, os que deberían en todo caso de ter a súa regulación específica. Esta falta de separación  clara destes cans neste Anteproxecto de Lei, fai que se poida chegar a situacións grotescas, como que se denuncie a un propietario dun mastín de garda por poñer en risco a vida do seu can ao ter como fin enfrontarse ao lobo, ou se sancione a o propietario dun can de caza polo simple feito de empregarse nunha batida do xabaríl, tan necesarias para o equilibrio desta especie e a súa convivencia coa actividade agraria en gandeira en Galicia.

Asemade parece irracional penalizar o corte de rabos e orellas (feitos por veterinarios) de cans de traballo e caza nos que a non realización desta operación podería supoñer mutilacións durante o desempeño dos seus labores. Ou penalizar o intercambio de camadas de cachorros, feitas entre profesionais, e sen ánimo de lucro, cando é unha práctica moi recomendable que evita problemas de cosanguinidade e transmisión de enfermidades e taras hereditarias dos cans de raza. A prohibición xenérica de colares eléctricos para o adestramento de cans de traballo, tamén parece unha regulación de excesivo rigor e non xustificada, xa que se trata de aparellos que non maltratan aos cans, e que poden ser moi útiles para modificar determinadas condutas agresivas dos cans durante o seu proceso de adestramento para a garda de rabaños ou a custodia de persoas e instalacións.

Son todos eles extremos que reflicten unha norma que pode ser axeitada para animais de compañía, e cans que residen nun piso nun entorno urbano, pero que nada teñen que ver coa actividade de cans de caza, garda e traballo que tan precisos son no rural, e que nada teñen que ver con prácticas que en modo algún se poidan considerar maltrato animal.

En todo caso, de querer regularse o benestar deste tipo de cans, debería de abordarse nunha norma específica, tendo en conta que xa a dá de hoxe, existe moita normativa específica que ten que ver coa cría, adestramento, transporte e coidado sanitario deste tipo de cans e que garante o seu axeitado manexo responsable, e a posibilidade de importantes sancións para os incumpridores das normas.

Voceiro para este asunto: Xacobo Feijoo, responsable de área  de Desenvolvemento Rural de UUAA (Tlf: 639 63 01 40)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web