Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O XABARÍN ARRUINA A CAMPAÑA DA CASTAÑA NA MONTAÑA OURENSANA

Unións Agrarias calcula unhas perdas de máis de 1.500 euros por unidade familiar

Ourense, 28 de Outubro de 2016.- Unións Agrarias está a constatar como os temores dos propietarios de soutos de castiñeiro da montaña ourensá, se está a converter en realidade pola falta de medidas que eviten que as mandas de xabarís famélicos se estean a botar sobre as castañas que están listas para a colleita estes días, ante a falta de belota nos montes este ano, que son o seu alimento habitual no outono.

Hai unha loita diaria entre as familias que intentan colleitar a súas castañas, e as mandas de xabarís que durante a noite van comendo os froitos, segundo caen das árbores. Unha volta máis de torca no proceso de descapitalización das persoas que habitan no rural, que ano a ano ven máis complicado seguir mantendo a súa forma e medios de vida, ante a una política da Administración de deixar pasar os problemas sen lles facer fronte de xeito responsable e con propostas intelixentes, mentres o rural ourensán envellece e se despoboa.

As perdas por unidade familiar estanse acumulando e poden superar as previsións iniciais que Unións Agrarias fixo ao inicio da campaña, de que estarían ao redor de 1.500 euros por unidade familiar, cun fracaso xeral da campaña produtiva de non tomarse medidas.

A fin de poñer en marcha estas medidas de xeito inmediato, UUAA ven de solicitar unha xuntanza urxente no Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Ourense, a que pediu que se convoquen aos responsables dos TECOR das zonas afectadas, nomeadamente Viana do Bolo, O Bolo, A Mezquita, A Gudiña e Vilariño de Conso, para que se comprometan conxuntamente medidas inmediatas para controlar os xabarís, e alexalos dos soutos dos castiñeiros durante as 3 ou 4 semanas que aínda quedan de campaña de recollida da castaña, e evitar así a debacle xeneralizada da campaña.

O urxente é poñer en marcha medidas inmediatas que permitan salvar o que queda da campaña, así como revisar o acceso dos produtores de castaña, ás axudas por indemnizacións por danos do xabarín, que lles permita compensar parte das perdas económicas acumuladas ata o momento.

Voceiro para este asunto: María Paéz Pérez, Responsable Comarcal de UUAA en Viana do Bolo (Tlf: 646180155)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web