Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

NOVO ATAQUE DE LOBO A MESMA GRANXA EN FRIOL, CINCO EN DOUS ANOS

A Xunta segue sen definir un modelo que permita ao lobo convivir cos gandeiros

Lugo, 27 de Outubro de 2016.- A explotación láctea de Xiá en Friol, que xa sufrira o seu segundo ataque este ano a mediados de setembro, volve a perder un novo animal tralo ataque do lobo esta noite pasada. Esta é unha situación típica de ataques reiterados a unha gandería, que pode poñer en perigo a súa viabilidade económica, e para a cal non existe un protocolo axeitado de actuación que se poda poñer en marcha para solucionar o problema.

É obvio que existe nas inmediacións da parroquia de Xiá unha manda de lobos moi habituada a alimentarse de gando doméstico e a actuar a calquera hora en medio das casas, sen importarlle a presenza humana. Que de momento ataca o gando e os cans das casas. Isto esixe unha resposta axeitada por parte da Consellería de Medio Ambiente, quen debería de activar un protocolo de identificación da manda responsable, a súa ubicación, e articular medidas de control que supoñan a caza dos exemplares máis conflitivos.

UUAA lembra que en Asturias cunha poboación de lobos moi inferior á galega, nestes casos, autorízase a caza de máis de 50 lobos ao ano, que lonxe de ameazar a viabilidade da especie, permite controlar a súa agresividade cara o gando doméstico e harmonizar a convivencia coa extensificación do manexo do gando, e reducir a conflitividade no rural. O problema da convivencia co lobo, e a súa conservación e manexo non se vai a arranxar só, nin mirando para outro lado, nin esperando a que os gandeiros marchen do rural, esixe medidas intelixentes e interese en aplicalas.

 

É indispensable a axilidade da Consellería do Medio Ambiente no pago das indemnizacións aos gandeiros afectados, que non deberían de pasar do prazo de tres meses entre o ataque e o cobro da axuda.

A gandería de Xiá Friol conta con arredor de 135 animais de vacún de leite , incluíndo as xovencas. Os animais están en estabulación intensiva, pero arredor dunhas 35 xovencas están en estabulación libre permanente, pasando día e noite nos prados, polo que a presenza dunha manda de lobos no entorno está a xerar un conflito grave. E un claro conflito de intereses entre a extensificación que pide e fomenta a Unión Europea no manexo do gando, como unha forma máis ecolóxica e sostible de producir leite, e a realidade dos ataques do lobo e as perdas cando se poñen en marcha estes sistemas de produción.

VOCEIRA: Verónica Marcos, secretaria de Igualdade e Política Social de UUAA  Tel: 617676879





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web