Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

A NOVA LEI DO SOLO PENALIZA AS MELLORAS NAS GRANXAS

UUAA advirte que provocará problemas nas obras en explotacións

Santiago 22 de abril de 2016.- O sindicato Unións Agrarias advirte que a actual redacción da Lei do Solo de Galicia vai a deixar na cuneta a centos de expedientes de ampliación de Plans de Mellora que se solicitaron na última convocatoria e que agora encóntranse que non poden realizar as obras antes proxectadas e polas que tiña solicitada axuda.

Esta situación supón un duro revés para sectores como o lácteo que precisamente está na actualidade pasando unha das peores crises da súa historia. E o que é peor, afectará tamén a xoves que pretendían incorporarse á actividade e que agora verán como os seus proxectos de mellora ou ampliación da explotación van ó traste por unha lei sacada de costas á realidade do rural galego.

Os núcleos rurais galegos non son urbanizacións nas que so existen chalets para vivir o fin de semana, senón que son núcleos dinámicos que compaxinan vivendas con actividade agrogandeira, tal e como ven sucedendo dende sempre no noso país e que a anterior lei permitía esta convivencia de xeito ordenado e sen problemas entre ambas realidades.

A Consellería do Medio Ambiente e Territorio demostra, con esta lei, o seu absoluto descoñecemento da realidade do rural e o que é máis grave, o desprezo para miles de explotacións que son as que dan vida ó rural galego e que agora se atopan nun calellón sen saída por unha norma que non contempla a realidade do noso rural.

A nova Lei do Solo de Galicia nace sen o consenso de tódolos axentes, senón que foi imposta no que se refire ó medio rural pola actual conselleira sen consulta previa dos cambios de última hora introducidos, que son precisamente os que imposibilitan a convivencia no rural do sector agrogandeiro.

Debería saber a conselleira e o seu equipo ,que delegar as ampliacións de explotacións en solo de núcleo rural nos PXOM municipais, sen adaptar para este concepto, pois a anterior lei amparaba estas ampliacións, é tanto como impedir calquera tipo de mellora en estas explotacións e incluso poñer en dúbida o mantemento das mesmas en estes núcleos.

Por outro lado limitar as ampliación só 50% do existente en 2003, é descoñecer a evolución experimentada polo noso rural os últimos 10 anos, en base ó esforzo de miles de gandeiros que agora ven como non poden seguir mellorando as súas explotacións para seguir sendo igual de competitivos que outros produtores de outras comunidades e outros países da UE.

A organización agraria espera que a Consellería do Medio Ambiente tome boa nota do que xa dende este sindicato lle anunciamos que pasaría cando se coñeceu o texto definitivo da lei e que non tiveron a consideración de modificar, tal e como lle pideu en varias reunión mantidas ó respecto nos últimos meses.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web