Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O XABARÍN DANA A CAMPAÑA DA CASTAÑA NA COMARCA DE VERÍN VIANA

Fin do prazo para solicitar axudas por danos en plena campaña da castaña

Santiago, 14 de Outubro de 2016.- Unións Agrarias de Viana do Bolo está a recoller estes días as queixas dos produtores de castaña da zona de zonas como Viana do Bolo, A Mezquita, Vilariño ou A Gudiña entre outros, ante os danos do xabaril nos soutos de castiñeiro, en plena campaña de recollida de castaña. Unións está a tramitar xa dende setembro as solicitudes de axudas por danos nos soutos, si ven o prazo de solicitude ven de finalizar o pasado luns 10 de outubro, en plena campaña de recollida da castaña.

Dase a circunstancia de que este ano pola seca, e polo carácter “veceiro” das producións de landras nos rebolos e carballos da montaña, o xabarín non ten apenas landras no monte para a súa alimentación e desprazou a súa dieta cara as castañas, onde está a producir unha debacle económica nesta produción complementaria tan importante na montaña do occidente ourensán.

Hai que ter en conta que as familias do rural poden ter complementos de renda de entre 3000 e 6000 euros por familia, nun contexto social onde moitas veces os maiores ingresos das familias son as pensións dos maiores, as segundas máis baixas de España, segundo o INE.

As perdas por unidade familiar estanse estimado ao redor de 1500 euros, o que supón uns 1000 kg de castaña ao prezo que está a alcanzar este ano, que ronda os 1,5 euros/kg. Os castiñeiros nestas zonas producen unha media de 60 kg por árbore de castaña de alta calidade, para consumo fresco, conxelado ou transformación industrial.

Aínda queda campaña de recollida por diante, polo que dende Unións Agrarias se fai un chamamento aos cazadores para que se coordinen con propietarios de soutos, e se fagan as batidas do mes de outubro con carácter preventivo dos danos nos soutos, de forma que se poida reducir o impacto dos xabarís na presente campaña de froito.

De cara ao ano que ven, UUAA insiste na necesidade de sentarse coa nova Consellería do Medio Ambiente, e proceder ás reformas da Lei de Caza de Galicia que sexan precisas para afrontar unha xestión rigorosa das poboacións de xabarís, que están fora de control no rural, e afectan a todas e cada unha das principais producións do campo galego (castaña, millo, erva, uvas, horta en xeral), e especialmente para limitar os danos nas producións agrarias, e evitar que o xabaril siga a ser un factor máis de abandono da actividade agrogandeira.

O feito que o prazo de solicitudes de danos do xabaril veña de pechar o pasado luns 10 de outubro engade un factor máis de frustración aos produtores de castaña, que ven como se pecha a posibilidade de pedir indemnizacións en plena campaña de recollida da castaña, o que precisa ser revisado nas futuras convocatorias da Xunta, e solicita unha ampliación de prazo de solicitude para estes afectados da presente campaña.

O novo Goberno da Xunta ten un desafío moi importante nesta “lexislatura do rural” para acadar un marco legal que permita poñer límite aos danos do xabaril na agricultura, mediante medidas que permitan ser eficaces no control das poboacións dos xabarís, na prevención dos danos e no pago dos mesmos cando a pesares das medidas tomadas, estes se produzan.

Voceiro para este asunto: María Paéz Pérez, Responsable Comarcal de UUAA en Viana do Bolo (Tlf: 646180155)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web