Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE GRATUIDADE NO TRANSPORTE PARA TODOS OS MOZOS

A tarxeta XENTA NOVA esquece as necesidades de mobilidade no rural

Santiago, 17 de outubro de 2016.- O sindicato Unións Agrarias demanda a universalización dos beneficios da tarxeta XENTE NOVA para que todos os mozos e mozas do rural poidan tamén acollerse a gratuidade nos desprazamentos. Segundo está regulado na actualidade o uso do citado abono de transporte para xoves, as comarcas mais alonxadas das capitais e cidades galegas quedan marxinados respecto do rapaces que viven nas zonas periurbanas o que supón un novo elemento de discriminación para vilas e aldea.

A organización agraria lembra que a rendas das familias do rural son as que mais se teñen resentido nas súas economías, pola caída dos prezos en orixe das producións agrícola e gandeira e a falta de estabilidade dada a imposibilidade de asinar contratos con garantías para a venda dos seus produtos, xa sexa leite, carne ou patacas.

Desde o rural galego saudouse a declaración do presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijoo, de que esta ía a ser a lexislatura na que se puxeran en valor as vilas e aldeas de Galicia, polo que agora agárdase que se cumpra este compromiso tanto nas grandes políticas de desenvolvemento económico, como nas mais cativas, como é o caso das tarxetas, XENTE NOVA, posto de todas elas depende que se manteña vivo e ocupado o territorio de Galicia.

Finalmente desde Unións Agrarias quere incidir unha vez mais que noutras rexións da Unións Europea se discrimina positivamente as xentes que poboan o medio rural posto que se ve como un activo estratéxico o seu traballo no mantemento da biodiversidade, a cultura e a diversificación económica. En Galicia a tendencia é xusto a contraria, recortes nos servizos público como a educación e a sanidade de proximidade o se traduce en que se manteñan como galegos e galegas de segunda a todos os habitantes das vilas e aldeas. 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web