Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA A CADEA CONDIS POR VENDA A PERDAS

Santiago, 21 de outubro de 2016.- O sindicato Unións Agrarias vén de denunciar diante o AICA un novo caso de venta a perdas nesta ocasión realizado pola cadea de supermercados Condis.

A oferta da cadea Condis, con case 500 supermercados distribuídos entre Cataluña, Madrid, Toledo, Cuenca e Guadalajara, supón unha baixada do 27% respecto ao anterior prezo ao que vendía o polo limpo e eviscerado. Segundo a publicidade da cadea, o prezo obxecto de denuncia está vixente ata ao próximo martes 25 de outubro.

A organización agraria presentou a denuncia á Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), dependente do Ministerio de Agricultura, e instou ás comunidades autónomas onde está activa a oferta a aplicar a Lei de comercio minorista a sancionar á cadea con multas exemplares. UUAA xustifica a súa denuncia en que os custos de produción da carne de polo impiden que exista rendibilidade algunha vendéndoo a 1,59 euros xa que o prezo medio de saída de matadoiro máis os custos mínimos da distribución situarían ese valor por encima dos 1,90 euros/Kg. IVA incluído.

Os produtores avícolas están moi preocupados por esta oferta, xa que outros operadores do sector poden ter a tentación de seguir este exemplo e tirar os prezos á baixa, ademais, este movemento prodúcese despois de que Carrefour realice un movemento ao alza fai poucas semanas ata os 2,25 euros o quilo de polo.

Os gandeiros transmitiron aos consumidores que comprar polo a prezos moi baixos é pan para hoxe e fame para mañá, porque si pechan as granxas perderemos todo control sobre unha das carnes e fontes de proteína máis importantes para a nosa sociedade.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web