Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O FEGA CONFIRMA OS PIORES PRESAXIOS PARA O LACTEO

UUAA reclama a reunión do Comité de Control do Paquete Lácteo

Santiago, 16 de maio de 16.- O último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), presentado neste fin de semana e no que se recollen as declaracións obrigatorias de prezos do leite, confirma os peores presaxios para o sector lácteo galego, xa que del se unha nova baixada de prezos de preto de 0,25 cts. Así mesmo, os produtores galegos están vendo como se lles forza a unha redución das entregas de leite vía prezos. Destaca a actitude de Lactalis que en Galicia so paga 12 cts/l nas cantidades que superen os volumes da anterior campaña.

Esta política de prezos irresponsable está a provocar o incremento da bolsa de explotacións “zombis” que cobrando o leite por debaixo de 24 cts/l, non teñen posibilidade de supervivencia e tampouco poden pechar pola incapacidade de asumir as débedas bancarias contraídas. Unha realidade que se presenta grave a pesar do disimulo estatístico que introducen na valoración os primeiros compradores e a revenda de cisternas polas cooperativas.

A falta de impulso político non deixa lugar a moitas esperanzas xa que a día de hoxe é unha realidade a inoperatividade do Paquete Lácteo, tanto no ámbito da contractualización a un ano como na habilitación creíble dunha negociación colectiva entre produtores e industria. A escalda de prezos a baixa xa está provocando ademais outro efecto vai a resultar fatal para o sector lácteo galego. A distribución está desprazando as compras cara aquelas industrias con políticas de prezos máis agresivas o que desembocará en breve nunha nova campaña de banalización do prezo do leite nos lineais dos supermercados.

O sindicato Unións Agrarias, esixe unha reunión urxente do Comité de seguimento do acordo lácteo para que se presentes os datos de cesións de prezos e se acorde un plan de choque inmediato para tratar de evitar o colapso da rede de produción láctea do noso país. Unha convocatoria que debe contemplar ineludiblemente unha liña de financiamento para as explotacións damnificadas pola violencia económica das industrias que actúan de xeito impune, aproveitanto falta de sancións as súas condutas. Así, para UUAA é completamente inxusto deixar so nas mans das entidades bancarias o futuro das explotacións de leite con problemas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web