Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

MONTORO QUERE RECAUDAR CASE UN MILLÓN DE EUROS DAS ADS

Hacienda pretende o pago do IVE do 21% das subvención recibidas no cuatrienio

Santiago, 17 de maio de 2016.- O sindicato Unións Agrarias denuncia a intención do Ministerio de Hacienda de aplicar a normativa de pago do IVE ás subvencións que perciben anualmente as Asociación de Defensa Sanitaria, (ADS) que supoñen arredor de un millón de Euros. Polas comunicacións da AET que están a recibir estas agrupacións de gandeiros, comunícaselles que deberán contribuir co 21% da axudas percibidas en concepto de IVE e deberán facelo con carácter retroactivo de catro exercizos fiscais.

As ADS supoñen un pé fundamental no desenvolvemento e mantemento dunha cabana gandeira de calidade xa que son a primeira liña de traballo en temas tan importantes como a sanidade animal. Por iso supón unha grave irresponsabilidade detraer fondos da súa actividade co único obxectivo de facer cadrar a “martillazos impositivos” o déficit público que desde Bruxelas se lle reclama ao Goberno.

Esta situación supón unha nova volta de torca impositiva contra do rural logo de que o Ministerio de Facenda puxera a lupa o ano pasado nos beneficiarios de axudas públicas ao reclamar á Xunta, a lista dos mozos que cada ano se acollen ás axudas do Goberno galego para incorporarse á actividade agraria, á maioría dos perceptores a Axencia Tributaria (AEAT) compútallas como subvencións correntes, é dicir, ganancias derivadas da súa actividade económica que non están exentas do IRPF, cando deberían ser cualificadas como subvencións de capital para promover a modernización das explotacións sen que teñan que tributar no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Para UUAA esta ansia recaudatoria choca coa declaración do presidente Feijoo, cando hai poucos días aínda falaba de “impostos cero para o rural”, polo que lle pide ao titular da Xunta que interveña para frear esta sangría económica, que ten tamén no catastrazo as granxas outra ameaza a supervivencia das familias que viven e traballan do campo e incluso ao dereito a educación dos seus fillos e fillas a comprometer a adxudicación das bolsas de estudos.

Nun marco socioeconómico de crise como o que se está vivir no rural non se entende logo unha actitude tan cicateira como a que está a amosar o departamento de Cristóbal Montoro quen coa retención dos pagos das axudas da PAC do exercicio 2015 está metendo nun lío fiscal a moitos gandeiros ao acumular previsiblemente dous pagos nunha única anualidade nun momento de falta de liquidez.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web