Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA INSTA A COLABORACIÓN DOS CAZADORES NA REUNIÓN DE COORDINACIÓN PARA O CONTROL DE DANOS DO XABARÍN

Aprobado o protocolo de control de danos de xabarín na Provincia de Ourense

Ourense, 19 de maio de 2016 –Unións Agrarias participou onte na reunión anual de coordinación, para a prevención dos danos do xabarín na agricultura na provincia de Ourense. Asistiu a Xefe de Servicio de Conservación da Natureza, así como os Xefes Provinciais de Servizo e de Sección de Caza. Asemade representantes de Unións Agrarias e outro sindicato agrario, Axentes Medioambientais, e representantes das organizacións de cazadores como a Federación Provincial de Caza, e UNITEGA.

Informouse que durante o ano 2015 se realizaron na provincia de Ourense, a requerimento dos agricultores, 53 accións  extraordinarias de caza durante a época de veda. É destacable que na provincia de Ourense a tipoloxía dos danos agrarios difiere do resto de Galicia, no sentido de que se concentran en prados, cereais de inverno e castaña, fronte a danos masivos en millo forraxero (pouco cultivado en Ourense) nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Para a presente temporada se fixou un protocolo de intervención de 4 etapas, que se pon en marcha unha vez que o afectado comunica os danos, e que comenzarían con dispersións de xabaríns con can atrelados, batidas con cans e sen armas, e xa de fallar estas medidas, autorizacións de control de caza por esperas ou batidas. En casos puntuais se autorizarían directamente estas últimas, de existir razóns técnicas que o aconsellasen.

As solicitudes de intervención, terán que vir asinadas polos afectados, e se recomenda aos cazadores de que informen aos afectados da realización das medidas de control, pois moitas veces os afectados non saben si se atenderon as súas demandas. É importante indicar que as comunicacións dos danos os poderá facer directamente o afectado aos TECOR aou ao Servizo Provincial, ou ben a través das oficinas das Organizacións Agrarias como UUAA, que de inmediato trasladarían o tipo de cultivo afectado, localización da parcela, e datos do titular da finca a Administración para poñer en marcha o protocolo de intervención dos cazadores. Nos concellos onde existan zonas libres (e polo tanto non haxa TECOR ou sociedade de caza), ademáis poderán pedir as solicitudes de  intervencións dos cazadores os propios Concellos.

Este protocolo de intervención, pretende reducir os tempos de actuación entre a denuncia do afectado e a autorización das intervencións pola Administración, así como  a execución dos controis de dispersión dos xabaríns ou de caza puntual dos mesmos, por parte dos TECOR da provincia de Ourense.

Unións Agrarias anima aos afectados durante esta época de veda, que remata o 27 de agosto, a que se poñan en contacto coas súas oficinas comarcais do sindicato, para comunicar os danos e iniciar o control de medidas autorizadas, en combinación co Servizo Provincial e o TECOR de zona correspondente.

Para máis información:  Jacobo Feijoo. Responsable de Área de D. Rural de UUAA. 639630140.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web