Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE AXILIZAR A LIBERACIÓN DE FONDOS PARA INCORPORAR XÓVES

Ten denunciado a multitude de trabas burocráticas que dificulta a chegada das axudas

Santiago, 28 de outubro de 2016.- O anuncio do presidente da Xunta de elevar ata 26 millóns de euros a dotación de fondos para a incorporación de xoves ás explotacións de Galicia é para o sindicato sen dúbida unha boa nova que ven a dar un pouco de luz a renovación da base produtora agrogandeira galega.

Porén o sindicato considera que esta vontade política de procurar un novo impulso para  rural expresada polo presidente, vaise ver moi minguada pola burocracia exasperante coa que a Consellería de Medio Ambiente a hora de abordar os expedientes. Unha realidade que se leva arrastrando desde hai moitos meses e que impide establecer un calendario de obras razoable de obras nas granxas porque non existe un criterio serio sobre a morfoloxía dos equipamentos que se poden levantar, (foxas de purín, silos, cortes, etc).

En moitas ocasións a norma de Medio Ambiente queda condicionada de xeito aleatorio pola interpretación dun funcionario que facendo unha lectura rigorista da  mesma pode prohibir as mesmas obras nunha granxa que permite facer noutra.

Por outra parte, no anuncio do presidente da Xunta de Galicia nada se fala dos fondos destinados aos plans de mellora das explotacións que levan dous anos sen convocatoria e son imprescindibles para manter a produtividades nas granxas en produción láctea. Desde Unións Agrarias espérase que as solicitudes presentadas neste ano sexan contempladas o 100% das mesmas tendo en conta a situación de prezos que atravesa o sector.   

A situación de incerteza legal e os retrasos creados pola propia Xunta coa publicación da Lei do Solo dificultaba a viabilidade de moitas de explotacións agrogandeiras galegas fundamentalmente debidos á indefinición da nova lei en moitos puntos e á necesidade de modificación dos proxectos en moitos outros. Por todo iso, o sindicato agarda que a curto se prazo se cheguen a suprimir estas trabas sen sentido.

UUAA pide que se viabilice e se axilice a chegada dos fondos previstos para as incorporacións de mozos posto que a realidade de abandono da actividade económica no rural galego é un fenómeno moi preocupante.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web