Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA ACORDA QUE SE AMPLIE O PRAZO PARA AS LICENCIAS DOS PLANS DE MELLORA

O sindicato esixe que se aplique xa a rectificación de Medio Rural

Santiago, 5 de Setembro de 2016.- O sindicato Unións Agrarias logra un acordo para ampliar o prazo para que os titulares de explotacións que solicitaron axudas a Consellería de Medio Rural para realizar melloras nas granxas poidan presentar as licencias de obra. A complexidade burocrática e as indefinicións presentes na nova Lei do Solo estaba a poñer en risco moitas das inversións previstas polos gandeiros que están a acometer as obras.  

A situación de incerteza legal e os retrasos creados pola propia Xunta coa publicación da Lei do Solo dificultaba a viabilidade de miles de explotacións agrogandeiras galegas fundamentalmente debidos á indefinición da nova lei en moitos puntos e á necesidade de modificación dos proxectos en moitos outros. Por todo iso, o sindicato agarda que a curto se prazo se cheguen a suprimir estas trabas sen sentido.

Son fundamentalmente explotacións de leite, moitas delas con incorporación de xoves, que a pesar das dificultades que atravesa o sector deciden investir no mesmo, pero que ata o de agora se encontraban con atrancos alleos a eles por unha lei que non se adapta á realidade do rural galego e que pode acabar co seu futuro no sector.

O sindicato mantivo varias reunións na Consellería de Medios Rural para que se aclarara e corrixiran aqueles puntos da normativa que están a supoñer unha carga inxusta para uns produtores que a pesar das dificultades que sufre que aínda teñen azos para manter vivo o rural galego.

Voceiro: Oscar Pose, responsable de Servizos de UUAA,

Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web