Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE A RETIRADA INMEDIATA DE VARIAS OFERTAS ILEGAIS DE LEITE DETECTADAS NAS ILLAS CANARIAS

En aplicación do Protocolo de Banalización acordado na INLAC

Santiago, 7 de setembro de 2016.- O sindicato Unións Agrarias detectou varias ofertas de leite en supermercados da cadea Superdino das Illas Canarias, a prezos de promoción de 49 cts litro o que contravén o Protocolo de Banalización aprobado no seo da INLAC para evitar o uso do leite como produto reclamo. No día de hoxe, a organización agraria tivo constancia fotográfica das prácticas fraudulentas que a citada cadea de distribución, polo que de non retirarse de inmediato a citada promoción vai a presentarse a correspondente denuncia na INLAC para poñer freo a este modelo de actuación  comercial completamente tóxico para a supervivencia do sector lácteo.

O Protocolo de Banalización forma parte dos acordo lácteo de setembro de 2015 e de acordos posteriores dentro da interprofesional láctea, para mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venta de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, que poñan en perigo os elos máis febles da cadea. A organización agraria esixe unha vez máis as administracións que vaian máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e que faga o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor para o leite, xusta. UUAA vai a manter unha actitude vixiante nos distintos centros comercias para denunciar publicamente a aqueles que atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia.

A organización agraria esixe tanto a ministra de Agricultura en funcións como a conselleira de Medio Rural que poñan freo as campañas de banalización que teñen como único obxectivo de forzar novas caídas na cotización do leite. Unhas baixadas que por outra parte son completamente artificiais xa que os movementos internacionais apuntan cara unha recuperación dos prezos. De feito as cisternas Spot  de leite líquido en Holanda pasaron de 27,5 euros/litro a 29,5 euros/ litro e en Italia tamén se reflicten subas de 25,7 euros a 32 euros, no mesmo marco temporal dos produtos industriais.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web