Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE A XUNTA E CAZADORES A INICIAR BATIDAS PARA SALVAR O MILLO

Coas perdas da seca no peto os gandeiros poden pagar tamén as do xabaril en Galicia

Santiago, 3 de setembro de 2016.- Unións Agrarias insta a cazadores e a Consellería de Medio Ambiente, a que se coordinen para o inmediato inicio da caza do xabaril. Segundo establece a Orde anual da Consellería de Medio Ambiente, que determina as épocas hábiles de caza para 2016-2017, o xabaril en terrenos de réxime cinexético especial, que dependen dos TECOR e Sociedades de Caza, podrá cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos desde o 27 de agosto de 2016 ata o 15 de xaneiro de 2017, nas modalidades de batida, montaría e espera.

O inmediato inicio das batidas, é fundamental para protexer o cultivo de millo forraxeiro, do que Galicia é a principal produtora de España con máis de 65.000 ha cultivadas, e do que depende a viabilidade económica das gandeirías de leite e carne, que están a atravesar por un periodo crítico pola caída dos prezos dos produtos. A elo hai que sumar os danos sobre pastos, horta e viñedo, tanto de profesionais como en cultivos de tipo familiar, o que xa é un problema social de primeira orde no rural galego.

A sementeira de millo estivo practicamente indefensa, xa que os distintos Servizos Provinciais, durante estes meses de veda de maio a xullo, escudáronse nunha interpretación de mínimos do protocolo de actuación pactado para o control de danos, e apenas concederon esperas e batidas ante a aparición de danos de mandas de xabaríns sobre os campos recén sementados nas zonas produtoras de Galicia, e que nalgunhas zonas afectaron ata o 10% da superficie sementada, coas perdas económicas subsecuentes.

A estes danos da campaña de sementeira, hai que sumar á caída de rendemento do millo pola seca, que xa se estima nunhas perdas para as explotacións galegas, non inferiores aos 50 millóns de euros, o que da idea da seriedade da situación, e da necesidade de que os cazadores se vuelquen no control da especie durante estas semanas de maduración da espiga, e de xeito que inicien as batidas con criterios de prevención e protección dos cultivos dos seus veciños, pois xa a partires de outubro coa colleita recollida, poderán centrarse na caza deportiva.

Unións Agrarias insiste na necesidade de controlar as poboacións de xabaril durante a temporada de caza, esixindo de cada TECOR a asignación e cumprimento dun cupo real de animais que estabilice as mandas de xabaríns nas zonas de responsabilidade de cada TECOR, complementadas con intervencións decididas de control de danos durante a época de veda, que coincide cos periodos máis sensibles dos principais cultivos agrarios do noso país, como o millo forraxeiro.

O próximo goberno da Xunta que saia das urnas no mes de setembro, deberá afrontar cambios legais na Lei de Caza de Galicia, facendo as reformas precisas que permitan a convivencia do xabaril cos cultivos a definitiva posta en marcha do Fondo de Corresponsabilidade para o pago de danos, a eliminación de vedados de caza maior, e unha nova forma de cazar o xabaril nas actuacións de control de danos, pois estas accións non son actividades de caza deportiva senón de actuacións técnicas de control, e como tal deben de estar previstas na lexislación, de forma que se poidan facer de forma segura para os cazadores, e eficaz para evitar e prever a reiteración dos danos na castigada agricultura de Galicia.

Voceiro para este asunto: Xacobo Feijoo, responsable da área de Desenvolvemento Rural de UUAA (Tlf: 639 63 01 40)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web