Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA SOLICITA MEDIDAS URXENTES PARA AS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS AFECTADAS POLO LUME CATASTRÓFICO DE ENTRIMO

Urxe garantir subministro de auga e alimento a 600 cabezas de gando vacún

Santiago, 15 de setembro de 2016. Unións Agrarias vense de reunir no Concello de Entrimo, con gandeiros afectados polo lume catastrófico que procedente de Portugal segundo todos os indicios, queimou máis de 3000 ha no Concello de Entrimo, máis do 40% da superficie total do municipio, no maior incendio de Galicia nas últimas décadas, e tendo afectado gravemente a Rede Natura e o Parque Natural do Xurés, que é a parte española do Parque Transfronteirizo de Peneda Gêres.

A convocatoria informativa feita polo alcalde Ramón Alonso, acudiron os titulares das principais explotacións gandeiras en activo, fundamentalmente produtores de carne de vacún en réxime extensivo da raza autóctona cachena. Os gandeiros expuxeron os problemas máis urxentes aos que teñen que facer fronte, así como as dramáticas expectativas respecto a campaña inmediata de produción, toda vez que toda a súa base territorial de produción de pastos para o gando, está absolutamente calcinada. A día de hoxe aínda falta gando por recuperar, descoñecéndose si aparecerá nos próximos días deambulando, ou si foi vítima do lume.

O máis urxente é arranxar as traídas de auga que permiten beber aos animais, e buscar unha solución urxente para a alimentación. Hai que ter en conta que algunhas traídas teñen ata 5 km de lonxitude, tendo ardendo a tubería en varios tramos. En canto a alimentación, non hai pastos e hai unha prohibición xenérica de prohibir pastar nos terreos queimados, baixo fortes sancións económicas, ata o 31 de decembro de 2018, o que abocaría a unha situación sen esperanza para estas 5 explotacións gandeiras que suman unhas 600 cabezas de ganado vacún.

Hai que ter en conta que este tipo de gando fai un efecto de prevención do lume, ao manter o combustible baixo control, facendo de cortalumes natural, o que é fundamental para protexer o Parque Natural do Xurés. Acordouse solicitar a intervención inmediata de Medio Rural para garantir o subministro de auga e alimentos as explotacións afectadas polo lume catastrófico, así como solicitar a exención da prohibición do pastoreo durante os dous próximos anos sobre os terreos queimados, excepción que contempla a propia Lei de Montes de Galicia, nos casos de perdas irreparables para as explotacións, e de non haber pasto dispoñible no entorno, situación actual de Entrimo co 40% da súa superficie forestal devastada polo lume.

Asemade dende o Concello se valorarán o conxunto dos danos das explotacións (peches, bebedeiros, comedeiros, alimento calcinado) de xeito que se poidan solicitar axudas en canto a Xunta as habilite para os incendios de setembro en Ourense, o que aínda non está resolto.

Se está a falar da supervivencia das últimas explotacións produtivas de gando de todo o Concello de Entrimo, varias en mans de xente nova que se está a incorporar a actividade. A súa desaparición como consecuencia dunha mala xestión dos efectos do lume catastrófico de Entrimo, serían moi graves para as posibilidades futuras de xestionar o combustible do Parque Natural, única garantía futura de conservación do Parque Natural devastado, para as xeracións futuras.

Para máis información:

Responsable de Agricultura de UUAA, José Ramón González. Tel 636489512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web