Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

FADEMUR DESENVOLVE ITINERARIOS DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL

O programa pon en marcha a plataforma www.redmur.org dirixida tamén a produtoras do sector agrícola e gandeiro, artesanas e empresarias rurais

A plataforma oferta gratuitamente 12 cursos en liña que van desde a formación sobre medioambiente, mellora de producións, pegada carbono, hortas ecolóxicos, ata cursos sobre cociña e sustentabilidade, lexislación medioambiental ou sensibilización sobre violencia de xénero...

Santiago, 6 de xuño de 2016.- A Federación de Asociacións de Mulleres Rurales FADEMUR, está desenvolvendo o programa “Redmur: Rede de emprendimento e inserción sociolaboral para a diversificación de actividades sostibles no medio rural” que se está implementando en varias Comunidades entre elas Galicia.


O programa vai desenvolver itinerarios de inserción socio laboral personalizados nos que está previsto que participen mulleres desempregadas do ámbito rural de Galicia. O programa pon en marcha unha serie de accións formativas presenciais e en liña, as beneficiarias do programa recibirán en todos os casos formación sobre novas tecnoloxías así como en novos ocos de emprego das súas comarcas. A través da plataforma do programa tamén poderán participar outras emprendedoras, artesanas e empresarias que realicen e desenvolvan a súa actividade empresarial no medio rural.
En Galicia o proxecto terá lugar no concello de Xermade onde se realizarán lugar os cursos e os itinerarios de inserción socio laboral nos que participarán un mínimo de 12 desempregadas.

Os obxectivos do programa son conseguir a inserción socio laboral de mulleres que viven no ámbito rural, a través da posta en marcha de itinerarios personalizados de inserción que lles permitan incorporarse e/ou manterse no mercado laboral do seu comarca, mellorando a súa calidade de vida e apoiando a fixación da poboación dos nosos municipios. Outro dos obxectivos é promover e impulsar a participación de mulleres emprendedoras en redes de comercialización de produtos a través de feiras de emprendemento, neste sentido haberá presenza de Fademur na XXXIX Feira Internacional Semana Verde Silleda na que 10 emprendedoras venderán diversas producións e realizarán talleres formativos.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web