Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

AS AXUDAS PARA MELLORAR GRANXAS PERIGAN POLOS RETRASOS E INDEFINICIÓNS DA NOVA LEI DO SOLO

UUAA pide a Medio Rural que se amplíe ou elimine o prazo do 18 de setembro para presentar as licencias de obra

Santiago, 12 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias denuncia as dificultades coas que se están atopar os titulares de explotacións que solicitaron axudas a Consellería de Medio Rural para realizar melloras nas granxas, debido a complexidade burocrática e as indefinicións presentes na nova Lei do Solo.

Esta situación vai a provocar que moitas granxas perdan uns ingresos que xa teñen comprometidos para acometer as obras se non se amplía ou elimina prazo do 18 de setembro para presentar as licencias de construción.  

A situación de incerteza legal e os retrasos creados pola propia Xunta coa publicación da Lei do Solo dificulta a viabilidade de miles de explotacións agrogandeiras galegas fundamentalmente debidos á indefinición da nova lei en moitos puntos e á necesidade de modificación dos proxectos en moitos outros.

Son fundamentalmente explotacións de leite, moitas delas con incorporación de xoves, que a pesar das dificultades que atravesa o sector deciden investir no mesmo, pero que agora se encontran con atrancos alleos a eles por unha lei que non se adapta á realidade do rural galego e que pode acabar co seu futuro no sector.

O sindicato vai a solicitar unha reunión inmediata para que se aclare e se concrete a aqueles puntos da normativa que están a supoñer unha carga inxusta para uns produtores que a pesar das dificultades que sufre  que aínda teñen azos para manter vivo o rural galego.

Voceiro: Oscar Pose, responsable de Servizos de UUAA,

Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web