Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE A RETIRADA INMEDIATA DE VARIAS OFERTAS ILEGAIS DE LEITE DETECTADAS EN ORDES E GUÍSAMO

En aplicación do Protocolo de Banalización acordado na INLAC

Santiago, 28 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias detectou varias ofertas de leite a da marca Frixia en supermercados da cadea Eurofruit en Guísamo e Ordes, a prezos de promoción de 32 cts litro o que contravén o Protocolo de Banalización aprobado no seo da INLAC para evitar o uso do leite como produto reclamo.

No día de hoxe, a organización agraria tivo constancia fotográfica das prácticas fraudulentas que a citada cadea de distribución, polo que de non retirarse de inmediato a citada promoción vai a presentarse a correspondente denuncia na INLAC para poñer freo a este modelo de actuación  comercial completamente tóxico para a supervivencia do sector lácteo.

O Protocolo de Banalización forma parte dos acordo lácteo de setembro de 2015 e de acordos posteriores dentro da interprofesional láctea, para mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venta de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, que poñan en perigo os elos máis febles da cadea.

A organización agraria esixe unha vez máis as administracións que vaian máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e que faga o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor para o leite, xusta. UUAA vai a manter unha actitude vixiante nos distintos centros comercias para denunciar publicamente a aqueles que atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web