Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O MODELO DE INDEXACIÓN DE CONTRATOS DE LACTALIS CONTRADICE A TENDENCIA INTERNACIONAL DO SECTOR LÁCTEO

UU AA alerta que as caídas reiteradas no prezo do leite son motivadas pola empresa

Santiago 23 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias alerta dos efectos desastrosos que está a producir nas rendas dos gandeiros o modelo de contrato que Lactalis forza a asinar, sen posibilidade de negociación, as explotacións galegas. Estes documentos presentan unha formulación do prezo do leite completamente trucada en beneficio da compañía posto que os parámetros nos que esta se apoia para fixar o prezo base (a indexación), teñen como referencia as porcentaxes de caídas derivadas dos propios prezos pagados por Lactalis.

Este modelo fraudulento de actuación – só posible grazas a pasividade cómplice das administracións- levou a que no mes de xullo o leite se pague 25.6 cts/l e non 27cts como figura oficialmente. O que supón poñer en grave risco a máis do 25% do sector produtor galego en Galicia, xa que Lactalis recolle a mais de 1.200 gandeiros.

Non resulta estraño que con esta situación de falta de respecto a normas fixadas pola Lei da Cadea e o Decreto Lácteo, a compañía Lactalis Ibérica presentara no Rexistro Mercantil uns beneficios netos en 2015 de máis de 24 millóns de euros (17 mais que no exercicio de 2014), derivados de un volume de negocio que solo se incrementa 19,2 millóns de euros (de 387 a 406 millóns de euros). Uns datos que teñen como marco o pero ano da historia da produción láctea en Galicia. Un montante económico no que están incluídos os 2 millóns de euros que a compañía de matriz francesa, retén aos gandeiros ó non reintegrar aos produtores a suba de 2 cts/l  que a distribución fixou nos acordos asinados no seu día.

Unións Agrarias acaba de solicitar unha reunión co presidente do AICA para presentar a conseguinte denuncia por incumprimento da Lei da Cadea e o mesmo tempo última unha denuncia penal contra Lactalis por apropiación indebida de 2 millóns de euros pertencentes aos gandeiros.

A organización agraria esixe tanto a ministra en funcións como a conselleira que poñan freo a campaña de contratos fraudulentos que está a perpetrar Lactalis co único obxectivo de forzar novas caídas na cotización do leite. Unhas baixadas que por outra parte son completamente artificiais xa que os movementos internacionais apuntan cara unha recuperación dos prezos. De feito nas estatísticas europeas a manteiga pasou de 2,72 euros/quilo en xuño a 3,29 euros en agosto e o leite en po en xuño pagábase a 2,10 euros/quilo e en agosto liquidouse a 2,30 euros/quilo. Mesmo as cisternas Spot  de leite líquido en Holanda pasaron de 27,5 euros/litro a 29,5 euros/ litro e en Italia tamén se reflicten subas de 25,7 euros a 32 euros, no mesmo marco temporal dos produtos industriais.

Voceiro:  Roberto García, secretario xeral de UUAA, Tel, 609 003 880 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web