Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

OS CUNICULTORES GALEGOS MANIFESTARANSE EN MADRID O VENRES

Mais dun cento de produtores irán a mobilización xeral para defensa do sector

O sindicato pón a disposición dos produtores que se queiran sumar a manifestación, autobuses que sairán da sede central da organización en Santiago (R/ Doutor Maceiras, 13) o xoves 16 as 23.30 H.

Santiago 15 xuño de 2015.- Máis dun cento de cunicultores de Galicia acudirán á mobilización xeral que se levará a cabo a nivel estatal o vindeiro venres 17 de xuño a partir das 11.00 horas diante do sede do Ministerio de Agricultura situado no Paseo de Santa Isabel en Madrid.

O  sindicato Unións Agrarias lamenta que despois de meses de denuncias e mobilizacións, a falta de compromiso das distintas administracións para atopar solucións para o sector cunícola que nestes intres se atopa en grave risco desaparación pola escalada de perdas na que leva sumido todo exercizo 2015 e cunha previsión para o 2016 aínda presentan peor pronóstico.

A organización agraria denuncia que debido a falta de transparencia na formación dos prezos e a política monopolista que practica una multinacional na transformación da produción leva provocando a situación límite da totalidade das granxas de Galicia que rexistraron unha perda media no pasado ano de 30 cts por quilo de produción. Neste 2016 a tendencia é aínda peor posto que se atopan casos de granxas que chegan a perder ata 55 cts por quilo.

As apenas 200 granxas de coellos que subsisten en Galicia están a recibir unha media de 1.30 euros por quilo pola súa produción, cando esta se sitúa en 5 euros no prezo de venda ao público nos lineais do supermercado. O retorno que reciben os gandeiros é completamente insuficiente xa que solo a alimentación dun coello supera os 1.40 cts. Unha situación que levou a que no pasado ano os produtores que manteñen as granxas abertas, perderan uns cinco millóns de euros.

Galicia é a segunda produtora de coellos de España, detrás de Cataluña, temos unha produción de arredor do 15% da carne de coello de España, todo grazas ao gran esforzo de, malia a crise, ter unhas explotacións o máis modernizadas posibles e agrandar a produción, si antes unha persoa podería sobrevivir cunhas seiscentas coellas, hoxe en día téndese a ter unhas mil.

No 2015, o prezo medio do coello en orixe foi de 1,49 euros/kg., cando os custos de produción sitúanse en 1,85 euros/kg. A gran distribución continúa coa súa política de escasa valoración da carne de coello, financiando coas perdas do gandeiro a súa estratexia comercial. Hai que investir o proceso de formación de prezos na cadea de valor da carne de coello, para que este fórmese de abaixo cara arriba, considerando as marxes de rendibilidade de cada un dos elos. O futuro do sector pasa pola rendibilidade, xa que a produción de carne de coello é un sector económico moi importante para o medio rural e posibilita a o mantemento directo de 700 postos  de traballo e miles indirectos se contamos matadoiros, transformación e transporte.

Voceira: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura e Gandería Extensiva de UUAA, Tel 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web