Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA VAI INICIAR UN BOICOT CONTRA AS MARCAS DE LACTALIS

A empresa está ofertando subas de 1,5 cts/l aos produtores franceses

Santiago, 26 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias está ultimando unha campaña de boicot as marcas de leite de Lactalis que terá lugar a primeiros do mes de setembro. Tal como xa anunciara a organización agraria o pasado 29 de xullo no momento de presentar na AICA unha denuncia contra esta empresa pola imposición dos novos contratos con cláusulas abusivas e ilegais a máis de 1.200 produtores galegos que forzaban a baixa o prezo do leite tódolos meses de duración do contrato.

A publicación dos últimos datos de prezo por parte do FEGA ven a constatar que o que denunciaba UUAA e que segue a aumentar o diferencial de Galicia respecto á media do estado chegando agora a 3 cts/l, o que aplicando a indexación imposta por Lactalis vai a supoñer outro descenso como sucedeu na última nómina dos gandeiros que viron como o prezo descendía ata os 25,6 cts.

Esta situación resulta aínda mais insoportable cando en Francia, Lactalis está ofertándolle aos produtores lácteos que manifestan diante das súas plantas de produción, subas de 1,5 cts/l para situar o prezo en 28 cts/l.

Tamén recordemos que Lactalis adéudalle ós gandeiros galegos máis de 2 millóns de euros que se nega a aboar a pesar de telos nas súas contas froito dos acordos con Carrefour e Día no mes de decembro.

O sindicato pídelle ós consumidores que vaian tomando nota das marcas que pertencen a este grupo multinacional francés e que vamos recorrer semana a semana múltiples centros comerciais de España pedíndolle que non consuman estas marcas e que as cambien por outras de empresas españolas que apoien ós gandeiros e ó medio rural nacional.

A organización agraria esixe tanto a ministra en funcións como a conselleira que poñan freo a campaña de contratos fraudulentos que está a perpetrar Lactalis co único obxectivo de forzar novas caídas na cotización do leite. Unhas baixadas que por outra parte son completamente artificiais xa que os movementos internacionais apuntan cara unha recuperación dos prezos.

Voceiro: Oscar Pose, responsable de servizos de UUAA, Tel 676 613 181





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web