Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

A RECOLLIDA DE PLÁSTICOS NAS GRANXAS POLO CONCELLO DE LUGO CUBRE UNHA CARENCIA IMPORTANTE NO RURAL

UUAA anima outras administracións a xeneralizar estas iniciativas de apoio

A iniciativa municipal presentada onte pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, consistente en activar unha recollida de balde e porta a porta dos plásticos que xera a actividade gandeira e agrícola, vai a facilitar moito a xestión dos residuos nas granxas logrando unha mellora ambiental e económica no rural.

Lugo, 20 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias vén demandando de xeito reiterado o constante abandono que en xeral as administracións fan das súas obrigas cara o coidado e o ordenamento do medio rural en Galicia. Parecen esquecer que o mantemento de mais do 80% do territorio de Galicia corre a cargo da base produtora agrícola e gandeira galega. Un traballo polo que percibe unhas rendas cada vez máis pequenas, que apenas cobren os gastos de produción, e unhas axudas da PAC cunha dotación cada vez mais escasa e unha tramitación burocrática contraditoria e confusa. Neste marco desde o sindicato saúdase con gran interese que desde o concello de Lugo se dea un paso adiante e se favoreza a vida no rural e se recoñeza o papel crucial que teñen as familias de agricultores e gandeiros que viven e traballan neste espazo, para manter viva a paisaxe e por suposto e economía de moitas das comarcas galegas.

Desde a organización agraria lémbrase que a terra traballada e os pastos son a mellor liña de defensa contra as vagas de lumes que viñemos padecendo nas últimas semanas. Tamén se pon de manifesto que o traballo nas explotacións e a dinamización das mesmas son activos decisivos para reducir o envellecemento demográfico no interior de Galicia. Por iso non se entenden as dificultades coas que atopan os titulares de explotacións que solicitaron axudas para realizar melloras nas granxas, debido a complexidade burocrática e as indefinicións presentes na nova Lei do Solo.Sobre todo cando son fundamentalmente explotacións de leite, moitas delas con incorporación de xoves, que a pesar das dificultades que atravesa o sector deciden investir no mesmo, pero que agora se encontran con atrancos alleos a eles por unha lei que non se adapta á realidade do rural galego e que pode acabar co seu futuro no sector.

VOCEIRA: VERONICA MARCOS, Secretaria de Igualade e Política Social de UUAA, Tel: 617 676 879   





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web