Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O VACÚN DE CARNE PRECISA DUN PLAN COMERCIAL INTEGRAL

O novo selo proposto pola Xunta so afecta ao 30% do potencial produtivo

Santiago 21 de xuño de 16.- Unións Agrarias, logo de coñecer polos medios de comunicación, a proposta da directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén Docampo,  de crear unha indicación xeográfica protexida para a carne de vaca e boi de Galicia, manifesta o seu apoio a todas as iniciativas que como a presente dean maior saída a produción cárnica galega.

O sindicato bota en falta na proposta da Xunta, unhas miras mais alta para acometer dunha vez un plan de comercialización integral do vacún de carne de Galicia que sirva para sacar o mercado todo o seu potencial produtor, que neste momento ascende a máis de 350.000 canais anuais e non tan so aos 120.000 que suman a IXP Ternera Gallega (86.000 canais/ano) e a cabana que se acolla a nova certificación.

O sector da carne de Galicia ten un gran potencial si se acomete de xeito decidido unha diferenciación por categorías comerciais nas que teñan cabida tanto o censo de vacas nutricias e o de vacas de leite, porque o que lle dá valor engadido é o manexo e o modelo de alimentación que se aplica por parte dos gandeiros galegos. Para UUAA deberíase permitir o amparo  de todas as razas de vacún que se atopan na nosa Comunidade, sen obviar os vínculos histórico e natural. Aínda que a procedencia non sexa autóctona hai que insistir no sistema de manexo como elemento diferenciador de calidade.

A nosas explotacións responden a un modelo de produción moi demandado pola sociedade, o cal está baseado na calidade, seguridade alimentaria, benestar animal e protección do medio ambiente, que se resume no termo explotación agraria sostible, a cal axuda ó mesmo tempo á vertebración do territorio. Se iso lle sumamos o feito de  que o 50%  das vendas de carne se produzan en carnicerías  reforza a gran importancia que ten que ter a información e atención directa que se debe suministrar  na venda ó corte.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura e Gandería Extensiva de UUAA, Tel 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web